xoves, 26 de maio de 2011

26 de maio, Día da Nectarina (ou Peladillo)

Hoxe xoves foi o día dedicado á nectarina.A nectarina ou peladillo é un cruzamento de melocotón e ameixa que se converteu na froita preferida da tempada estival. Xurdiu buscando un tipo de froita doada de comer, que gustase a todo o mundo e, para moitos, unha opción ao melocotón. O seu nome fai referencia ao néctar e á dozura especial do seu sabor. Existen dúas variedades: de carne amarela e de carne branca. A que nós comimos hoxe foi a de carne branca.
BENEFICIOS
  • Alto poder depurativo do organismo.
  • Baixo contido calórico, ideal para dietas de adelgazamento ou para as persoas que queiran manter o seu peso.
  • Alto contido en provitamina A, necesaria para o bo estado da pel e as mucosas, e para unha correcta visión.
  • Reforza o sistema inmune, protexéndonos de enfermidades.
  • Contén pectina (fibra soluble) polo que ten propiedades laxantes.
  • O seu contido en magnesio confírelle propiedades sedantes, polo que se recomenda en situacións de estrés



mércores, 25 de maio de 2011

25 de Maio, Día da Cereixa

A cerdeira é unha pequena árbore froiteira procedente da cidade de Cesaronte (Asia), segundo conta a tradición. Existen numerosas variedades de cereixas. Hainas de sabor doce (as máis coñecidas), e amargas. Caracterízase por ser unha froita refrescante, que sempre senta ben en calquera momento do día.
BENEFICIOS
  • Destacan por ser depurativas, enerxéticas e desinfectantes, á vez que axudan en casos de estrinximento ao ser un pouco laxantes.
  • É unha froita rexeneradora de tecidos orgánicos, sendo recomendada en casos de arterioesclerose, obesidade, artrite, estrinximento, trastornos gástricos e reumatismo.
  • É aconsellable tanto para nenos/as como para anciáns.
  • Pode ser utilizada para mascarillas faciais, esmagadas sobre a cara favorecen ao cute.

martes, 24 de maio de 2011

24 de maio, Día do Albaricoque

O albaricoque, tamén coñecido como damasco, é unha froita esférica, de cor amarelenta ou laranxa, aveluda, de saber doce e lixeiro. Posúe un aspecto similar ao melocotón.
BENEFICIOS
  • Contén unha elevada cantidade de auga.
  • Destácase por albergar bos niveis de fibra (ideal para o tránsito intestinal)
  • Está considerado un excelente antioxidante natural.
  • Grazas ao caroteno, comprobouse que o consumo de albaricoque axuda a previr a Nictalopía, mala visión nocturna.
  • Favorece o tratamento e prevención de afeccións da pel e sistema respiratorio.
  • É ideal para incluír nas dietas polo seu baixo nivel calórico.
  • O albaricoque é rico en aceite. É un elemento ideal para agregar a calquera tipo de máscaras faciais e, mesmo, para utilizar como aceite corporal de primeira calidade (moitos o utilizan como remedios caseiros para eliminar e borrar estrías, engurras e combater a celulite).

23 de maio, Día da Mazá

Resultou un éxito este día. Xa imos conseguindo que a aqueles nenos/as aos que non lles gustaba a mazá foran cambiando de opinión. Aquí tedes a Bruno, que xa come mazás sen poñer caras raras !!!!


domingo, 22 de maio de 2011

III Semana da Froita

Esta semana que empeza, do 23 ao 27 de maio, será a nosa última semana da froita deste curso. Xa hai espectación nos alumnos e alumnas polas froitas que imos tomar. O cartel está á entrada do centro para que todo o mundo o vexa, cos carteis indicativos dos beneficios das froitas desta semana:

  • Mazás
  • Albaricoques
  • Cereixas 
  • Nectarina

Xa contaremos nesta bitácora como vai resultando.

Festival da galeguidade 2011

O venres 13 de maio no noso centro celebramos o anual festival da galeguidade, coincidindo coa proximidade do Día das Letras Galegas. Este ano está dedicado a Lois Pereiro, poeta e escritor galego que naceu en Monforte un 16 de febreiro de 1958 e morreu o 24 de maio de 1996. Cando a Academia Galega anunciou a Lois Pereiro como homenaxeado deste ano 2011, Manuel Rivas dixo:
"Dedicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular."



Open publication - Free publishing - More educacion


Os alumnos e alumnas de 6º iniciaron o festival con esta semblanza de Lois Pereiro. Esperamos que vos guste:

luns, 9 de maio de 2011

Educar en saúde. Obradoiro de Nutrición

O luns 2 de maio e hoxe, luns 9 de maio, desenvolveuse no noso centro un obradoiro de nutrición para 5º e 6º de Primaria, dentro da programación de "Educar en Saúde" do Concello de Fene para o curso 2010/11. Nesta actividade tratáronse hábitos saudables e a toma de decisións. Hoxe, 9 de maio Teruca Duarte, farmacéutica e especialista en Nutrición, explicounos en que consiste un almorzo saudable. Nos dixo que:
  • As galletas que mellor saben son as que máis calorías teñen. Debemos moderar o seu consumo.
  • Que un día non pasa nada por tomar un refresco, pero non se deben tomar diariamente.
  • Beber auga todos os días (cando menos 1,5 l diarios).
  • Unha boa merenda para o recreo sería unha cenoria.
  • Os zumes envasados deben consumirse con moderación, pois teñen moi pouco contido en froita e moito en azucre. Mellor consumir zumes de froita natural.
  • Procuremos consumir alimentos naturais, como froita, pan, ...
  • Os alimentos non son malos, pero si o consumo abusivo e descontrolado.

    Preparamos un almorzo saudable, con tomate triturado, pan e aceite de oliva virxe





Aqui estamos degustando tan sabroso alimento!!!!






Día da mandarina. Martes 9 de Novembro de 2010

O martes 9 de novembro foi o día da mandarina.