O 30 de xaneiro, ademais, conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Enlaces de interese:
· Sedupaz. Seminario de Educación para la Paz-APDH.
http://www.pangea.org/org/sedupaz/
· Seminario de Educación para la Paz de las Comarcas de Tarragona
http://www.fut.es/ agr/bienve.htm
· Seminario Galego de Educación para la Paz
http://www.sgep.org
· Edualter. Iniciativa de coordinación e información sobre Educación para la Paz en Internet
http://www.pangea.org/edualter/
· CIP. Centro de Investigaciones por la Paz. Madrid
http://www.fuhem.es/portal/areas/paz/index.asp
· AMNISTÍA INTERNACIONAL (AI)
http://www.es.amnesty.org/
· Escuela cultura de Paz
http://escuelaculturadepaz.org/
O venres 28 de xaneiro o noso centro celebrou o Día Escolar da Paz e a non Violencia. O tema que tratamos foi: Conflitos no mundo. Nas aulas os alumnos e alumnas axudados polos seus profesores/as elixiron un conflito, analizáronno tratando de describir como unha situación política dun país afecta ás persoas que viven nel.
Partindo desta reflexión, o venres baixamos todo o centro ao ximnasio (salón multiusos). Sentados no chan, escoitamos con respecto o que os nosos compañeiros/as prepararon. Esta é unha escolma. Trataremos de publicar todos os traballos que se prepararon para este día.
As alumnos/as de E. Infantil:
OUTROS NENOS E NENAS COMA NÓS
Os alumnos e alumnas de 3º Ciclo de Primaria:
O CONFLITO SAHARAUI
2º ciclo de Primaria dedicou este día escolar pola paz aos problemas que se viven en África
AS LETRAS DE PAZ
Recomendacións para crear un espazo de Paz ao noso arredor
Estes son os consellos que os nenos e nenas de 1º de Primaria nos dan para convertir o noso mundo nun espazo de Paz :
- Non vivimos sós. Compartimos o espazo con outras persoas: familia, amigos, veciños…
- Paz significa compartir os momentos alegres.
- Paz significa ofrecer o noso apoio nos momentos tristes.
- Eles non teñen tantas forzas como antes e necesitan a túa comprensión e compaña.
- Debemos evitar facer cousas que poidan ofender ou amolar.
- Ás veces algúns comentarios poden desgustar aos demais.
- Por iso pensa o que vas dicir para non molestar.
- Ponte no lugar da outra persoa para entender mellor o efecto das túas palabras.
- Respecta o que din os demais. Escoita as súas palabras.
- Despois se non estás de acordo expresa a túa opinión. Pero con boas palabras. Sen gritar.
- Podes enfadarte cando algo non che gusta. Pero tes que saber expresar aos demais o enfado. Sen insultar.
- Os conflitos débense resolver falando.
- E nunca, nunca, nunca insultando ou pelexando.
- Trata aos demais como che gustaría que te tratasen a ti.
Os rapaces e rapazas de segundo recitaron esta poesía:
Non busques a guerra
busca a verdade a Paz,
para toda a humanidade
Doce meses ten o ano,
catro fases ten a lúa,
pidamos por eses paisanos
que non teñen paz na rúa.
Recitemos para que poidamos deixar
a tódolos nenos do mundo
un anaquiño de Paz.
A prensa, a radio e a televisión
son medios de comunicación.
Desexamos que transmitan mensaxes
de Paz a tódalas nacións.
Na beira do mar
busco un peixe colorado
que leve a mensaxe de Paz
a tódolos estados
Unha voz que está no aire
pide con moito donaire,
que todos vivamos en Paz!
Antón sae de paseo,
e mira pampo o ceo,
para expresar o seu desexo,
que non é nada sinxelo.
Que tódolos nenos e nenas vivan en Paz.
Sentín berrar, berrar en voz alta,
tende tino compañeiros,
que a Paz fai moita falta!
Os paxaros piadores
cruzan de encina en encina
para pedir pola Paz
en tódalas esquinas.
Teño un teatro xeitoso.
máis xeitoso non o hai.
Con el representarei
un mundo que viva en Paz
Unha carta quero escribir
a tódolos gobernantes do mundo
para que, en Paz
todos poidamos vivir!
Paz no mundo
Paz na aterra
para toda a xente
que vive nela.
Este día, non é un día calquera,
é o comezo da Paz
e o remate da guerra
ASÍ DE BONITO LUCEU O NOSO CENTRO O DÍA QUE CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Grazas ao profesorado que preparou as actividades de aula, debuxou e recortou pombas xunto aos seus alumnos/as, marcou mans brancas, pintou murais, ... Todos sabemos o difícil que resulta simultanear este traballo coa marcha académica do curso escolar.
Grazas aos alumnos/as por darnos a todos un día tan fermoso: TODOS POLA PAZ!
Grazas á ANPA, por axudarnos a que todo funcionara, eles saben moi ben o difícil que resulta.
Días coma este pon en valor a tarefa educativa que no noso centro se desenvolve