1.Respecto á integridade física e moral e aos bens das persoas que conforman a Comunidade Educativa e de aquelas persoas e institucións que se relacionen co centro con ocasión da realización das actividades e servizos do mesmo.
2.Respecto en todo momento á dignidade da persoa, os dereitos da infancia, e o dereito á educación.
3.Tolerancia ante a diversidade e NON á discriminación.
4.A corrección no trato social, en especial a través do emprego dunha linguaxe correcta e educada.
5.Interese por desenvolver o propio traballo e función de forma responsable.
6.Respecto polo traballo e función de tódolos membros da Comunidade Educativa.
7.Cooperación nas actividades educativas e covivenciais.
8.Boa fe e lealdade no desenvolvemento da vida escolar.
9.Actitude positiva ante os avisos e correccións.
10.Axeitado uso do edificio, mobiliario, instalacións e material de centro, atendendo ás normas de uso e funcionamento.
B. NORMAS DE CONVIVENCIA DE E. INFANTIL
1.Saudar ao entrar e saír da clase: Dialogar. Vivenciar distintos tipos de saúdos. Aos reincidentes se lles mandará saír e saudar ao entrar.
2.Respectar o quenda de palabra: pedirlle que pense o que pode pasar se todos falamos á vez. Se o fai para chamar a atención se lle cambiará de sitio algúns minutos.
3.Compartir os materiais e xoguetes en cada actividade: Guiar ao alumno/a de cómo se ten que sentir o neno/a quen quedou sen o xoguete.
4.Coida-los materiais de aula: Dialogar e tratar de vivenciar unha situación na que a clase non se coide nin se ordene nunca, que pasaría?
5.Non pelexar na fila: Recordar como se debe entrar e saír na fila. Se son moitas as veces que un alumno/a non respecta as normas da fila, ese día vai de último.
6.Nos xogos espontáneos, deixamos xogar a todos: Cando durante o desenvolvemento dun xogo espontáneo algún alumno ou alumna exclúe a outro, tratar de razoar con eles cal é a causa de exclusión, deixar un tempo para que eles mesmos arranxen o problema e retomar o xogo de novo.
7.Pedir as cousas “por favor” e dar as “grazas”: Esta norma debería de repetirse por imitación do profesor/a.
8.Recoller e ordenar os materiais e xoguetes utilizados: Esperar a quenda e colaborar para que o momento de recollida de xogos ou outros materiais se faga con orde e sen pelexas. Cada un debe saber o que ten que facer.
9.Respectar o traballo dos compañeiros/as nas tarefas tanto individuais como colectivas. Se algún alumnos/a estraga a propósito un traballo feito por compañeiros/as deberá quedarse sen participar na seguinte actividade divertida ou ben ir á cadeira de pensar.
A. NORMAS DE CONVIVENCIA DE 1º CICLO DE PRIMARIA
1.Todos os alumnos e alumnas coñecen e usan as normas de cortesía:
2.Saúda sempre : ao chegar á aula, polos corredores, cando chega tarde, …
3.Pide as cousas por favor e da as grazas
4.Cede o paso aos compañeiros/as e aos adultos, …
5.Chamar á porta antes de entrar.
6.Asistir á clase con puntualidade e regularmente.
7.Participar nas actividades de clase activamente, cada un na medida das súas posibilidades.
8.Tratar con respecto e cordialidade a tódalas persoas da comunidade educativa: profesores/as, compañeiros/as, persoal non docente, etc.
9.Utilizar correctamente todas as instalacións comúns do centro: pistas, ximnasio, cafetería, aula de informática, laboratorio, biblioteca.
10.Utiliza correctamente o material didáctico de que dispón o centro e os libros de texto, tendo sempre que é un material que debe quedar no mellor dos usos para futuros alumnos/as.
11.Respectar o clima de traballo sobre todo nos cambios de clase e nos desprazamentos. Facer fincapé que nos corredores non se debe correr nin barullar.
12.Evitar xestos e palabras que podan ofender a outras persoas.
13.Aprendemos a compartir o material: tanto o de aula como o persoal.
ACTUACIÓNS EN CASO DE CONFLITO:
1.Dialogar co alumnos/a para que analice as consecuencias da súa actuación: Que fixen? Que podo facer para remedialo? Que tiña que facer?
2.Estar en estreito contacto cos pais/nais, tratando de mantelos informados do comportamento de seu fillo/a.
3.Repoñer o material estragado por mal uso
4.Se despois da reflexión, as condutas persisten saír ao recreo pero sen participar nos xogos.
5.No caso de que as medidas ordinarias non dean resultado, poñer en coñecemento do Observatorio de Convivencia Escolar e/ou o Departamento de Orientación.
B. NORMAS DE CONVIVENCIA DE 2º CICLO DE PRIMARIA
1.Coñecer e utilizar as normas de cortesía: saúda sempre, pide as cousas por favor e dá as grazas, cede o paso aos compañeiros/as e aos adultos…
2.Chegar con puntualidade ao centro e saúda ao entrar e ao saír da clase.
3.Atender na clase e seguir as orientacións dos profesores/as.
4.Tratar aos profesores/as e a outro persoal con respecto.
5.Tratar aos compañeiros/as e compañeiras con respecto, non insultando nin poñendo alcumes, evitando calquera tipo de agresión verbal.
6.Resolver os conflitos a través do diálogo e non pelexar con compañeiros nin compañeiras, evitando en todo momento a agresión física.
7.Empregar na clase un ton de voz suave e respectar a quenda de palabra.
8.Ser responsable do estudo e facer as tarefas de casa.
9.Coidar o material común do centro así como o material propio e o dos demais. Recoller e ordenar o material de traballo antes de saír, tanto o material individual como o colectivo.
10.Uso correcto das papeleiras.
11.Cumprir as sancións e tarefas impostas.
ACTUACIÓNS EN CASO DE CONFLITO:
1.No caso de incumprimento, falar co alumno ou alumna, axudándolle a reflexionar sobre a súa actitude para que se dea conta das consecuencias do seu comportamento.
2.Se é reiterado o incumprimento, comunicarllo aos pais/nais, falar con eles, para tratar de solucionar a situación.
3.Quedarse no tempo de recreo a realizar unhas tarefas determinadas segundo a falta cometida.
4.Amañar ou repoñer o material estragado por mal uso.
5.No caso de que as medidas ordinarias non dean resultado, poñer en coñecemento do Observatorio de Convivencia Escolar e/ou o Departamento de Orientación.
6.Cando xurdan conflitos entre alumnos/as tratarase nun primeiro momento de darlles aos alumnos/as implicados un tempo para que reflexionen sobre o acontecemento producido, analicen o seu comportamento: Que fixen? Como puiden te-lo evitado? Que podo facer para que non se repita? (Ficha de incumprimentos).
C. NORMAS DE CONVIVENCIA DE 3º CICLO DE PRIMARIA
1.Coñecer e utilizar as normas de cortesía: saúda sempre, pide as cousas por favor e dá as grazas, cede o paso aos compañeiros/as e aos adultos…
2.Chegar con puntualidade ao centro e saúda ao entrar e ao saír da clase.
3.Aprende a ceder a palabra aos demais como único medio para que nos podamos entender todos/as.
4.Amosar interese polos demais e polas súas opinións. Todos temos cousas boas que aportar.
5.Dialogar é cousa de todos: escoitamos, dialogamos con naturalidade, sen berrar, esperamos a que alguén remate de falar, miramos de fronte á persoa coa que falamos, …
6.Buscar sempre facer amigos/as respectando as súas calidades e as súas diferenzas.
7.Colaborar cos compañeiros/as. Ás veces xorden roces, pero deben resolverse sempre a través do diálogo (tratando de seguir a mesma reflexión que xa se indicou nos ciclos anteriores).
8.Facer un esforzo por perdoar e esquecer os roces e conflitos que xurdan con outros.
9.Aprender a pedir desculpas se o comportamento e a actitude son erróneas.
10.Aceptar aos compañeiros/as e a todos os que nos rodean tal e como son. Axudar ao compañeiro/a que nos necesite, que se sinta só/a.
11.Falar con todos con bos modais e respectando todas as opinións.
12.Coidar o material común do centro así como o material propio e o dos demais.
13.Cumprir as sancións e tarefas impostas.
ACTUACIÓNS EN CASO DE CONFLITO
1.No caso de incumprimento, falar co alumno ou alumna, axudándolle a reflexionar sobre a súa actitude para que se dea conta das consecuencias do seu comportamento.
2.Se é reiterado o incumprimento, comunicarllo aos pais/nais, falar con eles, para tratar de solucionar a situación.
3.Quedarse no tempo de recreo a realizar unhas tarefas determinadas segundo a falta cometida.
4.Amañar ou repoñer o material estragado por mal uso.
5.No caso de que as medidas ordinarias non dean resultado, poñer en coñecemento do Observatorio de Convivencia Escolar e/ou o Departamento de Orientación.
6.Cando xurdan conflitos entre alumnos/as tratarase nun primeiro momento de darlles aos alumnos/as implicados un tempo para que reflexionen sobre o acontecemento producido, analicen o seu comportamento: Que fixen? Como puiden te-lo evitado? Que podo facer para que non se repita? (Ficha de incumprimento
Proposta de Normas de Convivencia para Secundaria.
Unha vez recollidas as normas de cada aula servirannos de guión para acordar as normas de convivencia xerais para Secundaria.
- Tratar aos profesores/as e aos compañeiros/as con respecto e nunca con insultos, ameazas ou agresións físicas.
- Coñecer e utilizar as normas de cortesía: saudar sempre, pedir as cousas por favor , dar as grazas e aprender a pedir desculpas se o comportamento e actitude son erróneas.
- Resolver os conflitos a través do diálogo e nunca de maneira violenta, facendo un esforzo por esquecer os roces e conflitos que xurdan con outros.
- Axudar e colaborar con outros compañeiros/as, facilitando a súa integración.
- Respectar a quenda de palabra e as opinións dos demais.
- Coidar e respectar o material propio e dos demais.
- Chegar con puntualidade ao centro. En caso de chegar tarde, chamar á porta e pedir permiso para entrar.
- Respectar o clima de traballo dentro e fóra da aula e na subida e baixada sen correr nen empurrar.
- Non facer uso do móbil nin reprodutores de música no centro educativo.
10. Facer uso das papeleiras e colectores de reciclaxe
- Cumprir as sancións e tarefas impostas.
- Obrigatoriedade de participar nas actividades complementarias realizadas dentro do horario escolar.