martes, 9 de novembro de 2010

Día da mazá.Luns 8 de novembro de 2010.

O luns 8 de novembro foi o día da mazá.
 
BENEFICIOS DA MAZÁ

·       A mazá está considerada como a froita máis completa, debido aos seus múltiplos aportes  xa que entre as súas características  atopamos vitaminas e minerais.
·       É rica en fibras solubles, isto fai que nos permita ter un equilibrio natural dos niveis de azucre no sangue.
·       As fibras que posúe teñen unha grande capacidade para baixar os altos niveis de colesterol no sangue, previndo así os problemas de corazón.
·       Mellora o estado  de hidratación da pel e depura e desintoxica o organismo de factores nocivos para nos.
·       Axuda a manter os dentes limpos e a ter a dentadura e as enxivas máis sas e firmes, polo que tamén actuaría na prevención da carie.
No porche do noso cole colocáronse uns capazos para recoller os restos da froita. Estes restos son baleirados polos alumnos e alumnas de Secundaria no composteiro.




1 comentario:

  1. Encántanme as mazás. É moi bo para os nenos que aprendan os beneficios desta froita e sobre todo que a través desta campaña disfruten do seu rico sabor. Enhoraboa aos que a puxeron en marcha.

    ResponderEliminar