O Equipo Dinamizador da Convivencia Escolar encárgase cada ano da elaboración de actividades encamiñadas á mellora da convivencia no noso centro e do seguimento do Plan de Convivencia
xoves, 22 de decembro de 2011
25 de Novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Por violencia contra a muller enténdese: "..Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluidas as ameazas, a coerción ou a privación arbitraria de liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na privada" (Asamblea Xeral da ONU, Resolución 48/104, 20 de decembro de 1993).
A continuación tedes un simpático vídeo protagonizado por alumnos de Educación Infantil para conmemorar este día
Pensa o que sentes, sinte o que pensas
martes, 13 de decembro de 2011
Chega o Nadal ao noso cole!!!
mércores, 7 de decembro de 2011
Yo estudié en la pública
luns, 5 de decembro de 2011
"Queres potenciar a intelixencia de teu fillo/a? Averigua que lle apaixona", Howard Gardner
mércores, 30 de novembro de 2011
10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos
A continuación, varios enlaces que nos poden axudar na celebración deste día:
domingo, 27 de novembro de 2011
Semana da froita, gozando dos sabores!!!!
Que ricas!!!!
sábado, 26 de novembro de 2011
Do 14 ao 18 de novembro, semana da froita
Se queredes coñecer estes beneficios, preme na imaxe:
martes, 22 de novembro de 2011
20 de Novembro Día da Infancia
xoves, 17 de novembro de 2011
Reduce. Ti tes a chave
domingo, 13 de novembro de 2011
Acoso escolar, todos somos responsables
venres, 11 de novembro de 2011
16 de Novembro, Día Mundial da Tolerancia
O Día Internacional da Tolerancia ten a súa orixe no pulo dese ano, concretamente no día16 de Novembro ao ser este o día no que se estableceu a Declaración de Principios sobre a Tolerancia. No seu artigo 4 -referente á educación- afirma que a educación é o medio mais eficaz de previr a intolerancia ( 4.1) e debe ser considerada un imperativo urxente (4.2).
martes, 8 de novembro de 2011
"Así remata a vida e comenza a supervivencia"
En 1855 o cacique Seattle, da tribo Suquamish, do Estado de Washington, enviou esta carta ao presidente dos Estados Unidos (Francis Pierre), despois de que o goberno dera a entender que pretendía comprar o territorio ocupado por aqueles indios. A carta:
“O gran xefe de Washington mandou dicir que quer comprar a nosa terra. O gran xefe tamén nos enviou palabras de amizade e bós desexos. Isto é moi amable da súa parte, pois nós sabemos que él non necesita da nosa amizade. Nós imos pensar na súa oferta pois sabemos que, de non facelo así, o home branco virá coas armas e quitaranos a nosa terra. O gran xefe Seattle dí: “O gran xefe de Washington pode verdadeiramente confiar en nós, do mesmo xeito que os nosos irmáns brancos confían no retorno das estacións. As miñas palabras son coma as estrelas: nunca se deteñen.
¿Como se pode comprar ou vender o ceo, a calor da terra? Esta idea énos extraña. Nós non somos donos da pureza do ar ou do brillo da auga, logo...¿Como no-los poden comprar?. Toda esta terra é sagrada para o meu pobo. Cada folla relucinte, tódalas praias, a néboa nas fragas escuras, cada clareira e tódolos zunidos dos insectos son sagrados nas tradicións e crenzas do meu pobo.
Sabemos que o home branco non comprende o noso xeito de vida. Para el un anaco de terra e igual ao outro. Porque el é un extraño que ven pola noite e roúballe á terra todo. A terra non é a súa irmá, nen a súa amiga. Despois de esgotala, abandónaa, ainda que nela deixe a sepultura do seu pai. Esquilma a terra dos seus fillos. Nada respecta. Esquece os antepasados e os dereitos dos fillos. A súa avaricia empobrece a terra e deixa tras sí os desertos.
As súas cidades son un tormento para os ollos do home vermello, máis se cadra isto é así porque o home vermello é “un salvaxe que nada comprende...”.Non se pode atopar paz nas cidades do home branco. Nin lugares onde escoitar o zunir das follas das árbores e das ás dos insectos. Tal vez por ser “un salvaxe que nada entende” o barullo das cidades é terrible para os meus oidos. ¿E que especie de vida é aquela na que o home non pode ouvir a voz do corvo nocturno ou a conversa dos sapos na charca?. O indio prefire o suave murmurio do vento sobre o espello da auga e o propio cheiro do vento purificado pola chuvia do mediodía e o recendo dos arumes dos pinos. O ar é precioso para o home vermello, porque tódolos seres vivos respiran o mesmo ar: animais, árbores, homes. Ao home branco non parece importarlle o ar que respira: coma un moribundo, é insensible ao mal cheiro.
Se eu me decido a aceptar a proposta do home branco fareino con esta condición: o home branco debe tratar aos animais coma se fosen os seus irmáns. Eu son un salvaxe e non comprendo que poda ser outro o trato. Vin milleiros de búfalos apodrecendo nas praderías abandonados polo home branco que os abatía a tiros disparados dende o tren. Son un salvaxe e non comprendo como un fumeante cabalo de ferro pode ser máis valioso ca un búfalo que nós, peles vermellas, matábamos só para poder sobrevivir. ¿Que é o home sen os animais? Se tódolos animais morresen o home morrería dunha grande depresión do espírito, porque todo o que lles acontece aos animais poderá tamén acontecerlle aos homes. Todo canto fire á terra, fire tamén aos fillos da terra.
Os nosos fillos viron ós seus pais humillados na derrota. Os nosos guerreiros sentiron vergoña e, tra-la derrota, pasan o tempo ociosos e envelenan o seu corpo con doces comidas e bebidas ardentes. Pouco importa onde pasaremos os nosos derradeiros días, non somos moitos. Unhas poucas horas, uns poucos invernos e ningún dos fillos das grandes tribos que viviron nestas terras ficará para chorar, sobre as sepulturas, a un pobo que un día foi tan poderoso e cheo de confianza coma o noso.
Unha cousa sabemos: que o home branco tal vez un día descubra que o noso Deus é o seu. Vostedes pensan agora que o posuen, como desexan posuir a nosa terra. Mais non pode ser. El é Deus de todos e quer igual ao home vermello e ao home branco. A terra é algo moi preciado para El. Causar dano á terra é demostrar desprezo polo Creador. O home branco tamén vai desaparecer, se cadra, ainda máis a presa cas outras razas. Segan a contaminar a súa propia cama e afogaran unha noite no seu propio deserto. Despois de abatido o derradeiro búfalo e domados tódolos cabalos salvaxes, o recanto segredo da fraga pisada coa esencia de moitos homes e os outeiros escarpados cheos dos murmurios das esposas ¿Onde ficarán? Nada quedará. ¿E as aguias? Tampouco estarán. Dicir adeus a voar, cazar... será o fin da vida e o comenzo da loita pola supervivencia.
Tal vez comprenderíamos os soños do home branco se soubésemos que esperanzas transmite aos seus fillos nas longas noites de inverno, que visións de futuro lles ofrece para que podan construir os seus desexos do día de maña. Pero nós somos salvaxes. Os soños do home branco están ocultos para nós, por iso temos que escoller o noso propio camiño. Se consentimos o acordo é para garantir as reservas que nos prometestes. Alí quizais poidamos vivir os nosos últimos días como desexamos. Despois que o derradeiro pel vermella desapareza da terra e a súa memoria sexa somente a sombra dunha nube atravesando as pradarias, a alma do meu pobo continuará a vivir nestas fragas e ribeiras porque nós amámoas coma un recén ama o bater do corazón da súa nai.
Se te vendemos a nosa terra, ámaa coma nós a amamos. Protéxea coma nós a protexemos. Nunca esquezas como era a terra cando dela tomaches posesión. Con toda a túa forza, o teu poder e todo o teu corazón consérvaa para os teus fillos e ámaa coma Deus nos ama a todos. Unha cousa sabemos: o voso Deus e o noso é o mesmo. Esta terra é querida por El. Ningúen, nen o home branco, pode evitar o noso destino común.
sábado, 22 de outubro de 2011
Os Heroes de Fukujima
Vestidos de uniforme, cinco representantes deste colectivo que se deu en chamar "Heroes de Fukujima" recordaron a todos aqueles operarios que aínda seguen na central realizando labores para combater o siniestro.
martes, 18 de outubro de 2011
Aprender a estudiar
Técnicas de estudo
mércores, 12 de outubro de 2011
O CPI A Xunqueira, en apoio ao Ensino Público
sábado, 8 de outubro de 2011
venres, 7 de outubro de 2011
Apertas!!!!
mércores, 5 de outubro de 2011
Prexuízos escolares
martes, 4 de outubro de 2011
Rita Levi, unha muller extraordinaria
O 18 de abril de 2009, cando Rita Levi cumpría 100 anos, o diario El País publicou esta entrevista:
luns, 3 de outubro de 2011
Que lonxe quedan xa as vacacións!!!
Buscando unha entrada que nos preparara para comezo de curso, atopamos este vídeo.
Agardamos que disfrutedes con el !!
sábado, 16 de xullo de 2011
Gústanos o Teatro de guiñol!!!
Preme nos enlaces seguintes o poderás opinar por ti mesmo:
Carapuchiña Vermella
Os Tres Porquiños
domingo, 26 de xuño de 2011
Os alumnos/as de francés viaxan a ... París!!!!!
venres, 24 de xuño de 2011
DESPEDIDA DA PROMOCIÓN 2007/11 DE 4º DE SECUNDARIA
xoves, 23 de xuño de 2011
Adeus a Infantil!!!
mércores, 22 de xuño de 2011
DESPEDIDA DA PROMOCIÓN 2005/11 DE 6º DE PRIMARIA
martes, 7 de xuño de 2011
Separa e Recicla
SOGAMA en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente vén de editar un xogo interactivo sobre recollida selectiva coa intención de formar usuarios na axeitada clasificación de residuos.
Preme no enlace "Separar para reciclar" e ... a xogar!!!
Este xogo ten tres niveis de dificultade e consiste en arrastrar refugallos aos colectores correspondentes, evitando que estes choquen entre sí. O marcador variará en función dos residuos acumulados en cada un dos recipientes e o baleirado dos mesmos en prazo.
xoves, 26 de maio de 2011
26 de maio, Día da Nectarina (ou Peladillo)
- Alto poder depurativo do organismo.
- Baixo contido calórico, ideal para dietas de adelgazamento ou para as persoas que queiran manter o seu peso.
- Alto contido en provitamina A, necesaria para o bo estado da pel e as mucosas, e para unha correcta visión.
- Reforza o sistema inmune, protexéndonos de enfermidades.
- Contén pectina (fibra soluble) polo que ten propiedades laxantes.
- O seu contido en magnesio confírelle propiedades sedantes, polo que se recomenda en situacións de estrés
mércores, 25 de maio de 2011
25 de Maio, Día da Cereixa
- Destacan por ser depurativas, enerxéticas e desinfectantes, á vez que axudan en casos de estrinximento ao ser un pouco laxantes.
- É unha froita rexeneradora de tecidos orgánicos, sendo recomendada en casos de arterioesclerose, obesidade, artrite, estrinximento, trastornos gástricos e reumatismo.
- É aconsellable tanto para nenos/as como para anciáns.
- Pode ser utilizada para mascarillas faciais, esmagadas sobre a cara favorecen ao cute.
martes, 24 de maio de 2011
24 de maio, Día do Albaricoque
- Contén unha elevada cantidade de auga.
- Destácase por albergar bos niveis de fibra (ideal para o tránsito intestinal)
- Está considerado un excelente antioxidante natural.
- Grazas ao caroteno, comprobouse que o consumo de albaricoque axuda a previr a Nictalopía, mala visión nocturna.
- Favorece o tratamento e prevención de afeccións da pel e sistema respiratorio.
- É ideal para incluír nas dietas polo seu baixo nivel calórico.
- O albaricoque é rico en aceite. É un elemento ideal para agregar a calquera tipo de máscaras faciais e, mesmo, para utilizar como aceite corporal de primeira calidade (moitos o utilizan como remedios caseiros para eliminar e borrar estrías, engurras e combater a celulite).
23 de maio, Día da Mazá
domingo, 22 de maio de 2011
III Semana da Froita
- Mazás
- Albaricoques
- Cereixas
- Nectarina
Xa contaremos nesta bitácora como vai resultando.
Festival da galeguidade 2011
"Dedicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular."
Os alumnos e alumnas de 6º iniciaron o festival con esta semblanza de Lois Pereiro. Esperamos que vos guste:
luns, 9 de maio de 2011
Educar en saúde. Obradoiro de Nutrición
- As galletas que mellor saben son as que máis calorías teñen. Debemos moderar o seu consumo.
- Que un día non pasa nada por tomar un refresco, pero non se deben tomar diariamente.
- Beber auga todos os días (cando menos 1,5 l diarios).
- Unha boa merenda para o recreo sería unha cenoria.
- Os zumes envasados deben consumirse con moderación, pois teñen moi pouco contido en froita e moito en azucre. Mellor consumir zumes de froita natural.
- Procuremos consumir alimentos naturais, como froita, pan, ...
- Os alimentos non son malos, pero si o consumo abusivo e descontrolado.
Preparamos un almorzo saudable, con tomate triturado, pan e aceite de oliva virxe
Aqui estamos degustando tan sabroso alimento!!!!
mércores, 13 de abril de 2011
13 de abril, Día da fresa
- Son laxantes, debido ao seu contido en fibra soluble. Facilitando o tránsito intestinal.
- Regulan a función hepática, axudando a limpar e depurar o noso organismo. Aconselladas en caso de hepatite.
- Axudan a normalizar a presión arterial, polo baixo contido en sodio e graxa.
- Polo seu alto contido en fibra, impide o depósito de colesterol nas paredes das arterias.
- Son diuréticas. Aumentan a produción de ouriños e facilitan a eliminación de ácido úrico.