luns, 16 de decembro de 2013

Descubrindo hábitos saudables

O luns 9 e o mércores 11 de decembro visitaron o nos cole Nuria Toro e Lucía Carpente. Chegaron cargadas cun montón de trebellos para que os alumnos/as de 1º e 2º de primaria, ademais de aprender, gozaran coas explicacións que elas lles deron sobre o necesario de levar unha alimentación saudable para poder medrar sans e fortes. Como veredes no vídeo, pasárono moi ben pois todo foi xogando. Non hai imaxes dos alumnos/as de segundo, pois a reporteira gráfica estaba desaparecida.
Moitas grazas pola vosa visita Nuria e Lucía!!!

Aí vos deixo o vídeo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario