O 5 de decembro e aos 95 anos, morre Nelson Mandela. Toda África despediu chorando a Madiba, como se lle coñece no seu país. O que fóra o sorriso máis bonito de África, un continente marcado pola herdanza do colonialismo e a segregación, morreu coma viviu loitando . A súa loita contra o "apartheid" privárono de liberdade durante 27 anos.
O presidente de Ghana, John Dramani Mahama recordaba:
"Mandela foi o único que utilizou a paz como un vehículo para a reconciliación" cando os resentimentos non só segregaban razas, senón tamén etnias, comunidades e Estados sobre un mapa traumatizado aínda polas súas traxedias. O seu uso da paz como un vehículo de liberación de África mostrou que, máis aló das divisións causadas pola colonización e a dor das nosas feridas, a compaixón e o perdón deben xogar un papel no Goberno".
Vargas Llosa escribiu na súa memoria:
"Mandela é o mellor exemplo que temos —un dos moi escasos nos nosos días— de que a política non é so ese quefacer sucio e mediocre que cre tanta xente, que serve aos pillabáns para enriquecerse e aos vagos para sobrevivir sen facer nada, senón unha actividad e que pode tamén mellorar a vida, substituír o fanatismo pola tolerancia, o odio polla solidaridad a inxustizaa pola xustiza, o egoísmo polo ben común, e que hai políticos, coma o estadista sudafricano, que deixan o su país, o mundo, moito mellor de como o atoparon." (Mario Vargas LLosa, extraído do Eloxio a Nelson Mandela)
Ningún comentario:
Publicar un comentario