luns, 16 de decembro de 2013

Descubrindo hábitos saudables

O luns 9 e o mércores 11 de decembro visitaron o nos cole Nuria Toro e Lucía Carpente. Chegaron cargadas cun montón de trebellos para que os alumnos/as de 1º e 2º de primaria, ademais de aprender, gozaran coas explicacións que elas lles deron sobre o necesario de levar unha alimentación saudable para poder medrar sans e fortes. Como veredes no vídeo, pasárono moi ben pois todo foi xogando. Non hai imaxes dos alumnos/as de segundo, pois a reporteira gráfica estaba desaparecida.
Moitas grazas pola vosa visita Nuria e Lucía!!!

Aí vos deixo o vídeo:

sábado, 7 de decembro de 2013

MANDELA, O SORRISO DE ÁFRICA


O 5 de decembro e aos 95 anos, morre Nelson Mandela. Toda África despediu chorando a Madiba, como se lle coñece no seu país. O que fóra o sorriso máis bonito de África, un continente marcado pola herdanza do colonialismo e a segregación, morreu coma viviu loitando . A súa loita contra o "apartheid" privárono de liberdade durante 27 anos. 

O presidente de Ghana, John Dramani Mahama recordaba:
"Mandela foi o único que utilizou a paz como un vehículo para a reconciliación" cando os resentimentos non só segregaban razas, senón tamén etnias, comunidades e Estados sobre un mapa traumatizado aínda polas súas traxedias. O seu uso da paz como un vehículo de liberación de África mostrou que, máis aló das divisións causadas pola colonización e a dor das nosas feridas, a compaixón e o perdón deben xogar un papel no Goberno".
Vargas Llosa escribiu na súa memoria:
"Mandela é o mellor exemplo que temos —un dos moi escasos nos nosos días— de que a política non é so ese quefacer sucio e mediocre que cre tanta xente, que serve aos pillabáns para enriquecerse e aos vagos para sobrevivir sen facer nada, senón unha actividad e que pode tamén mellorar a vida, substituír o fanatismo pola tolerancia, o odio polla solidaridad  a inxustizaa pola xustiza, o egoísmo polo ben común, e que hai políticos, coma o estadista sudafricano, que deixan o su país, o mundo, moito mellor de como o atoparon." (Mario Vargas LLosa, extraído do Eloxio a Nelson Mandela)


domingo, 17 de novembro de 2013

"CARICIAS DE LEÓN" de Santiago García Clairac


O libro comeza cunha novela, "Caricias de León", de Santiago García Clairac. Diana podería ser máis tolerante e paciente que León. Pero non quere. Non ten que aguantar. Non está disposta a deixar que o seunoivo lle dea azoutes "agarimosos" que sexan. Se a nai de León houbera reaccionado a tempo, agora as cousas serían moi diferentes... A segunda parte do libro é un análise profundo da violencia de xénero e os malos tratos, de Santiago Luque, Psicólogo e especialista en psicología clínica e da saúde. Ofrece información e documentación dende todos os puntos de vista e da os elementos necesarios para reflexionar, contrastar e actuar.













Cancións contra a violencia de xénero: "Salir corriendo" de Amaral

25 de Novembro, Día Internacional da Violencia contra a muller


  

LETRA DE "AMOR ETERNO" (ABRAM)
Son historias que oscurecen esta vida nuestra condición
instinto homicida que se crece en una habitación
de dos, pero es uno el que se esconde tras la máscara
te llevó al altar fingiendo amor y ahora devastará el hogar
por sus celos enfermizo-posesivos
bebe hasta perder la razón y los estribos
perdido entre el bien y el mal ya casi no distingue
creo que finge amar en realidad ya no se rinde a tus encantos
solo cubre libertad con un gris manto l
loras a solas sin vislumbrar el fin del llanto
de esta estancia en el infierno
con tu enemigo durmiendo, es el canto de un lamento
siento que vivas sufriendo, vida un lienzo
tan sólo tú puedes pintar los cambios
eres quien debe precipitarlos, actúa rápido
sí, se que no es fácil, se que piensas que lo quieres
ten cuidado hay hijos de puta que asesinan mujeres
si puso su mano encima de tí
ten por seguro que volverá a hacerlo, cuestión de tiempo
y es duro, pero hay amores que matan, como hay amores
sinceros
como colectiva cólera combierte el corazón en miedo
y cedo ante los hechos
cuando la razón se pierde
cuando animal racional a la selva vuelve
cuando se miente se está sembrando la simiente
y puedes esconderte cuando a golpes la enfrente
cambió sus susurros por amenazas de muerte
un divorcio,un juicio, un niño en medio que no entiende
nada, una corazonada entrecorta tu aliento
era tu amor, hoy una orden de alejamiento
no es suficiente muralla ni paredes de cemento
ante la cólera de un asesino humillado por dentro
todo comenzó aquella tarde de invierno
en que se juraron para siempre amor eterno

 [Dlux]
No tienes corazón...
Has roto mi alma...
LLenando mi vida de horror
Aléjate por favor ohh..oh...
ya... no creo tus mentiras
No robaste mi sonrisa
Me has robado la ilusión
Y las ganas de sentirme viva..

[Abram]
Todo comenzó aquella tarde de invierno
en que se juraron para siempre amor eterno
 en que se encontraron y soñaron con un bienestar
con una vida apacible, el calor de un hogar
sellaron el pacto con un beso bajo un sauce
no se si lloraba o eran los charcos del parque
no se si vagaba el mal vestido de cupido
él dijo: niña eres mi musa lo juro, no es un cumplido
judas habló, mintió, como solo él sabe
así la encantó, le prometió bellos lugares
en los que perderse como niños sin noción
del tiempo, del espacio en eterna comunión
con el resto del mundo, juntos estarían a salvo
pronto hicieron planes, ella soñaba ir de blanco
ella lo quería con ese tipo de amor,
que hace que se ciegue el alma y se acerque el dolor
porque no es lo mismo convivir una hora y media
al día que una vida entera llena de miseria
no es igual fingir, que compartir, dar sin pedir
egoísmo es el veneno, amor el elixir
ella se cansará y no encontrará el valor para salir
más cuando el fruto de su unión comienze a sentir
en sus entrañas, la trampa de la telaraña,
todo por su niño no le importa si la dañan
y así infinitas historias de mujeres sometidas
por el yugo de la fuerza bruta y de las mil mentiras
y así vidas con el alma tatuado por mil dramas
y así la cubren con oro, después las bañan en grana
una vida en coma es, una vida de lamento
una vida por amor llena de sufrimiento
una herida incurable en los márgenes del tiempo
es la despedida de tu inocencia lo siento.

 [Dlux]
No tienes corazón...
Has roto mi alma..
LLenando mi vida de horror
Aléjate por favor ohh..oh...
Ya... no creo tus mentiras
No robaste mi sonrisa
Me has robado la ilusión
Y las ganas de sentirme viva..

luns, 4 de novembro de 2013

Apúntate a nosa campaña #Desembasura A Xunqueira

A ILLA LIXO

O maior recolledor de lixo do mundo é unha illa situada no Océano Pacífico (onde tamén se atopa a paradisíaca Illa de Midway). Na fotografía seguinte, está marcada como unha enorme mancha negra.

Este burato negro, coñecido como sopa tóxica ou remuíño de lixo, está situada entre EEUU e Hawai. Está formada por toneladas de plásticos que están provocando danos irreversibles nos seres vivos.



#Desembasura en Les Gavarres (Girona)

Se todos nos comprometemos, accións coma esta non serían necesarias:


O patio, un compromiso co medio ambiente e co noso centro. #Desembasura!!!

Este mes está a comenzar un ano máis a campaña de limpieza no CPI A Xunqueira. Publicaremos neste blogue vídeos de sensibilización sobre a contaminación de plásticos.
Un xesto, aparentemente sen valor, tirar un plástico ao chan constitúe un dos problemas máis graves que ten o nos o planeta: A contaminación por plásticos.
Un primeiro vídeo, interesante, que xa se publicou nesta bitácora, é sobre a Isla de Midwey.


MIDWAY a Message from the Gyre : a short film by Chris Jordan from Midway on Vimeo.

sábado, 27 de xullo de 2013

Galicia chora!!!


Polo tráxico accidente ferroviario do 24 de xullo. Non perdades esta preciosa entrada do blog "Los tacones de Olivia", unha homenaxe a todas aquelas persoas marabillosas que desinteresadamente acudiron a axudar co que tiñan cerca (toallas, mantas, pedras, machados, ...). Unha lección de humanidade para tod@s.
Ánimo Galicia!

luns, 24 de xuño de 2013

Despedida da promoción 2007/13

O venres 21 de xuño despedimos á promoción de Primaria do 2007 ao 2013. Sorte rapaces e rapazas nesta nova etapa!! Unha aperta para todos e todas.


mércores, 19 de xuño de 2013

I Concurso de Sobremesas

O martes 18 de xuño celebramos o I Concurso de Sobremesas, que pon o broche final do traballo desenvolvido neste curso ao redor das froitas e dos hábitos saudables. O nivel dos postres presentados foi extraordinario. Grazas a todos polo voso entusiasmo e colaboración!
Foi unha difícil elección a do xurado. Estes foron os resultados:

  • Premio á máis orixinal para "Flor de verán" de Ana Mazás de 3º A de Secundaria.
  • Premio á mellor presentación para "Tarta de amorodos" de Celia Charlón Caaveiro, Lara Fraga Allegue e Desirée Xiao Pereira Rodríguez
  • Premio á de mellor gusto para "Tarta de amorodos" de Adrián Martínez, Carla Goti e Alessia Piñón de 4º de Primaria.

Aproveitamos a degustación dos postres para facer entrega dos premios que ao longo do curso se foron convocando. Podedes ver o vídeo desta xornada:

domingo, 9 de xuño de 2013

I Concurso de sobremesas con froitas

O martes 18 de xuño está convocado o primeiro concurso de sobremesas nas que polo menos un ingrediente debe ser froita de tempada. Podedes participar individualmente, en equipo, ... Non esquezas preinscribirte, requisito indispensable para participar.
Será como unha festa de despedida de curso.
Animádevos!!!

A pirámide dos alimentos de E. Infantil

Esta é a piramide alimentaria que elaboraron os nenos/as de E. Infantil:


domingo, 2 de xuño de 2013

A alimentación saudable: Un almorzo saudable

Que é un alimento?


En que consiste unha dieta saudable?  A roda dos alimentos






Enfermidades producidas por unha mala alimentación:



O almorzo saudable:






NOTA: Estes carteis foron elaborados polos alumnos/as de 1º e 2º de Secundaria.

mércores, 29 de maio de 2013

Carteis para promocionar unha boa alimentación

Os rapaces e rapazas de Secundaria fixeron carteis para promocionar o consumo de froita e os beneficios dunha alimentación saudable. Aquí tedes unha mostra:







venres, 17 de maio de 2013

3ª Semana da froita deste curso

O vindeiro luns 20 de maio comezará a terceira e última semana da froita deste curso. Tomaremos nectarinas, albaricoques, amorodos, plátanos e melocotóns.



domingo, 12 de maio de 2013

2ª Semana da froita

Do 22 ao 26 de abril celebramos a segunda semana da froita do curso. Como non é unha época de froita variada consumimos: mazás, peras, mandarinas, plátanos e fresas.

luns, 1 de abril de 2013

Xornada do Almorzo Saudable de Infantil

Xornada Almorzo Saudable 3º Ciclo

Xornada Almorzo Saudable 2º ciclo

Xornada do Almorzo Saudable, 1º ciclo

Xornadas do Almorzo Saudable no CPI A Xunqueira

Despois do traballo desenvolvido nas aulas en torno á importancia de almorzar e de facelo de maneira saudable, cada nivel de Infantil e Primaria celebrou a xornada do almorzo saudable. Esta xornada levouse a cabo na cafetería do centro.
  • O menú para Infantil e 1º ciclo de Primaria foi un sandwiche de xamón e queixo con froita e zume de laranxa.
  • Para 2º e 3º ciclo foi un almorzo tipo buffet. Cada un preparaba o seu propio almorzo tendo en conta o grupo de alimentos que debe formar un almorzo saudable: lácteos, cereais e froita.
Todas as xornadas foron moi ben acollidas polo alumnado participante. Iremos publicando os vídeos coas imaxes recollidas.

Facemos Macedonia

Os chicos e chicas de primeiro aprenden a facer macedonia.

mércores, 20 de marzo de 2013

Papilla de froita e galletas

Os  nenos e nenas de Infantil de tres anos preparan e toman unha papilla de froita e galletas. Ahí tedes o vídeo:



domingo, 24 de febreiro de 2013

Facemos batidos de froitas

Os nenos e nenas de E. Infantil fixeron na clase batidos de froitas. Necesitaron:
  • Leite
  • Azucre
  • Froita picada: amorodos e plátanos
  • Unha batidora
Gustoulles moito!!! Aquí tedes o vídeo:

mércores, 20 de febreiro de 2013

Facemos limonada

Os nenos e nenas de 4 anos fixeron unha limonada na clase. Ahí tedes o vídeo coa receita. Probade a facela na casa, está boísima!!!


domingo, 3 de febreiro de 2013

Nutrición e obesidade

Dende o mércores 29 de xaneiro, está aberta a exposición itinerante nutrición e obesidade nas instalacións do noso centro. Este material foi cedido pola asociación Lapis Verdes. Os carteis don obra do ilustrador Leandro.

domingo, 27 de xaneiro de 2013

Como calcular o índice de masa corporal (IMC) e outros cálculos

Calcula aquí o teu IMC
Preme aquí e atoparás diferentes programas que te axudarán a descubrir e calcular a composición dos alimentos.

O segredo da pirámide

(Preme na imaxe)

Todo sobre os alimentos

Preme neste enlace:

Que son os alimentos?

Enfermidades por mala alimentaciön


Come san e sentiraste mellor (para adolescentes)


Coida o que comes, sentiraste mellor (para rapaces de 10-14 anos)


Os alimentos e as súas propiedades

boas nuticionais e necesidades enerxéticas en función da actividade. 
(Preme na imaxe)

Doki descobre as froitas e verduras, o leite e como se fai o pan.



A alimentación saudable: recursos

Estupendo recurso en JClic para traballar a alimentación saudable. Se quixeras descargar os materias para recortar e/ou colorear, cando che pida a clave escribe: nea e xa podes descargar o pdf sen problemas. Preme na imaxe e verás:

Que almorzas?

Pensa nos alimentos que tomas para almorzar a diario. Estas ben alimentado? Preme na imaxe e comprobao por ti mesmo:


mércores, 16 de xaneiro de 2013

Almorzo e deporte

O almorzo é unha das comidas máis importantes para un deportista.
Para calquera actividade deportiva hai dúas regras de ouro:
  • Almorzar adecuadamente, por lo menos dúas horas antes de facer exercicio.
  • Hidratarse o dobre que unha persoa con actividade normal (3/4 l de auga diarios)
O almorzo debe ser variado. Existen diferentes tipos:
  • Francés
  • Español
  • Enerxético
  • Mediterráneo
  • Xornaleiro
  • Naturista
  • Inglés
  • Americano
  • Lixeiro
Preme na imaxe e podes ver cales son as características de cada un deles. 


Almorzo e rendemento escolar

Son moitos os estudos levados a cabo por especialistas que demostran a importancia que o almorzo ten sobre todo en nenos/as e adolescentes.
Este estudo explica de forma sinxela a importancia que o almorzo ten no rendemento escolar.

mércores, 9 de xaneiro de 2013

Non só comas, aliméntate!

É o eslogan da campaña Almorzos Saudables emprendida polo Concello de Lugo en Xaneiro de 2012. Nesta páxina atoparedes un xogo para descargar no ordenador e ... a xogar!