O Equipo Dinamizador da Convivencia Escolar encárgase cada ano da elaboración de actividades encamiñadas á mellora da convivencia no noso centro e do seguimento do Plan de Convivencia
Hoxe despídese de nós os alumnos e alumnas de 4º de Secundaria.
Neste novo camiño que emprendedes cara ao voso futuro que o CPI A Xunqueira, con todos os que formamos esta comunidade educativa, sexa sempre o faro que ilumine ese sendeiro cheo de bos momentos.
O venres 22 de xuño despedimos á promoción 2006/12 de 6º de Primaria.
Desexámosvos sorte nesta nova etapa!
Unha aperta
Feliz verán a todos!!
mércores, 20 de xuño de 2012
ADEUS AO MANDILÓN !!!
Aquí estamos as nenas e nenos que rematamos E. Infantil coa nosa profe Mimí. No outono empezaremos primaria e xa sabemos que...Non teremos que poñer o mandilón! Xenial! Estamos moi contentos con esta nova...
O venres 8 de xuño visitounos Juan Domínguez, xogador do Deportivo de A Coruña. Foi unha visita moi especial para todos pois, ademais de ser un xogador de fútbol coñecido, foi alumno do noso centro. Todos o recordamos con cariño e sempre que nos visita é motivo de alegría e ..., sobre todo, espectación entre os nosos alumnos/as.
Contestou a un montón de preguntas; posou para todos os alumnos/as, para os profes; asinou centos de fotos, balóns, camisetas, cadernos, etc e todo o fixo con moita paciencia e amabilidade.
A Semana do 21 ao 25 de maio os alumnos/as do CPI A Xunqueira durante o recreo consumiron froita fresca. Esta iniciativa, subvencionada polo FOGGA, dá cada ano mellores resultados. Primeiro, hai espectación cada día pola froita que imos comer; segundo conseguimos que os nenos/as se abran a sabores novos; e terceiro, damos outra alternativa á merenda tipo "chuches". Como en cada Semana da Froita, informamos dos beneficios que produce na nosa saúde. Consumimos mazás, plátanos, fresas e cereixas. Esta semana probamos como novidade a néspera.
Se clicades na etiqueta Semana da Froita coñeceredes os beneficios que para a saúde ten o consumo das froitas.
Aqui vén o vídeo:
Hoxe 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medioambiente. O vídeo está en inglés, pero non son necesarias as palabras ...
A 5.000 km ao oeste de San Francisco está a illa de Midway. Poden congregarse nela ao redor de dousmillóns de aves, sobre todo albatros.
O alimento dos albatros son os calamares e outras criaturas mariñas que flotan na superficie da auga. Actualmente, o que máis flota en Midway son os plásticos levados alí por correntes mariñas. O plástico ocupa unha parte cada maior dos seus estómagos e lles impide inxerir outros alimentos. Mecheiros, cepillos de dentes, xoguetes, perchas, mesmo cartuchos de impresora emporcan estas praias de area dourada e paradisíaca do Pacífico. Todo de "usar e tirar" como se calquera obxecto polo feito de ser usado, puidera ser tirado impunemente.
Esta presentación é unha reflexión sobre os cambios físcos e sociais que se producen na adolescencia. Danse algúns consellos prácticos aos pais/nais que poden axudar ás familias a pasar esta etapa de cambio e a súa problemática.
É o titular dun artigo que apareceu publicado o 30 de abril na edición dixital de El País. Quen fai esta afirmación é Richard Gerver (1969), ex-actor e publicista , que recibeu no ano 2005 o premio ao mellor director de escola do Reino Unido polo traballo desenvolvido nun centro conflictivo. É autor do libro "Creando hoxe asescolas do mañá" , e coñecido internacionalmente polos vídeos publicados en Youtube, inspiradores e apaixonados, con miles de visitas.
Entrevista interesante pola visión que aporta da sociedade actual, dos cambios que se están a producir día a día e do futuro da educación.
O pasado venres no estado de Georgia (EE.UU.) unha nena de seis anos ten unha rabecha no seu colexio. A escola chama á policía!!! quen a esposa coas mans ás costas e condúcea á comisaría.
Se estades tan desconcertados coma nós e queredes saber o que pasou, podedes seguir lendo neste enlace: De mamas & de papas.
No ano 1995 a UNESCO promulga o 23 de abril como "Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor" co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. A elección desta data vén dada pola coincidencia do pasamento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616. Para conmemorar este día cos nosos alumnos/as vos presentamos un enlace con propostas interesantes
Neste enlace atoparedes un recurso interactivo para a aula moi interesante. Analiza diferentes formas de actuar ante situacións de conflicto: un neno/a que me insulta, un rapaz que quere o que eu teño, enfadeime tanto que marchei, ...
Os alumnos e alumnas de quinto de Primaria participaron no concurso: "Que é para ti a Xustiza?". Un alumno deste curso gañou o premio. Con este motivo o venres 30 de marzo Pedro, os seus compañeiros/as, a súa titora Begoña e Ricardo,o noso director, acudiron ao Pazo de Xustiza de Ferrol para recoller dito premio. Alí asistiron a un xuízo de faltas, a unha rolda de recoñecemento, Pedro recolleu o premio, e todos recibiron agasallos.
Resultou unha visita moi interesante!!!
Con motivo da celebración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, non debemos esquecer os nosos dereitos como consumidores/as; pero tampoco debemos olvidar os nosos deberes (que non son poucos!!!).
Este vídeo de animación relata o dilema entre o "Homo consumus" e o "Homo responsabilus" analizado polo profesor Setemius dende o programa "Grandes Documentales Marcianos".
Recursos en liña para traballar a semana da prensa na aula.
Web con actividades e enlaces de interese:
"lyL materiales de lengua y literatura", atoparemos dende unha secuencia didáctica de "como ler unha noticia" ata unha analise das partes dun xornal, dos tipos de publicacións, estructura, ... con PDF que se poden descargar.
Este é un xogo interactivo, creado por Greenpeace, para fomentar entre os máis novos o consumo crítico e responsable. Pretende favorecer a reflexión sobre o impacto dos nosos hábitos de consumo e as nosas accións no medio ambiente.
O Día 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Día recoñecido pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
Recursos para traballar este día
Infantil (preme na Imaxe):
Primaria (preme na imaxe):
3º Ciclo de Primaria e Secundaria (preme nas imaxes seguintes):