Hoxe 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medioambiente. O vídeo está en inglés, pero non son necesarias as palabras ...
A 5.000 km ao oeste de San Francisco está a illa de Midway. Poden congregarse nela ao redor de dous millóns de aves, sobre todo albatros.
O alimento dos albatros son os calamares e outras criaturas mariñas que flotan na superficie da auga. Actualmente, o que máis flota en Midway son os plásticos levados alí por correntes mariñas. O plástico ocupa unha parte cada maior dos seus estómagos e lles impide inxerir outros alimentos. Mecheiros, cepillos de dentes, xoguetes, perchas, mesmo cartuchos de impresora emporcan estas praias de area dourada e paradisíaca do Pacífico. Todo de "usar e tirar" como se calquera obxecto polo feito de ser usado, puidera ser tirado impunemente.
MIDWAY : trailer : a film by Chris Jordan from Midway on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario