luns, 24 de novembro de 2014

O xinecólogo Denis Mukwege, Premio Sajarov 2014

O Premio Sajarov á Libertade de Conciencia é un premio que o parlamento europeo concede cada ano. Este a honra correspóndelle ao xinecólogo congoleño Denis Mukewege. É, probablemente, o xinecólogo que vive na peor parte do mundo para exercer a súa profesión. Co seu labor, desenvolvido no Hospital Panzi, na cidade de Bukavu no Congo, converteuse no maior especialista de África en tratamento de mulleres e nenas violadas en grupo.
O doutor Mukwege trata mulleres violadas, torturadas e salvaxemente asasinadas por soldados. Pois, dende que comezou a guerra civil no seu país, as agresións sexuais son utilizadas como atroz arma de guerra.
O Día 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, en memoria das vítimas de violencia de xénero, pon en valor o traballo excepcional de personalidades asombrosas coma a de Denis Mukwege, que loita cada día con esta lacra que castiga a millóns de mulleres diariamente en todo o mundo.
Grazas doutor Mukwege polo seu traballo e a súa xenerosidade!!
http://internacional.elpais.com/internacional/2014/10/21/actualidad/1413914504_527447.html
 
 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario