xoves, 11 de decembro de 2014

O PREGUNTÓN: DECEMBRO


TEDES ATA O 19 DE DECEMBRO PARA SUPERAR ESTE NOVO RETO!!
A masa das augas que cobren as depresións da codia terrestre forma mares e océanos, que ocupan sete de cada dez partes da superficie do planeta. Xunto cos ríos e lagos forman a Hidrosfera.

A pregunta deste mes está relacionada coa auga dos mares...



POR QUE A AUGA DO MAR NON CALMA A SEDE?


Ponlle as pilas ao teu bocata!!!

Hoxe visitáronos o equipo de "Ponlle as pilas ao teu bocata!! Viñeron para ensinarnos diferentes maneiras de facer un bocata con productos do mar en conservas.
Comezou o obradoiro cunha charla sobre nutrición na biblioteca. Máis tarde pasamos ao laboratorio onde cada un montaría o bocata ao seu gusto. Había de todo: queixo, cebola, leituga, atún, mexilóns, millo doce, olivas, ... Todo estaba boísimo!!!
Para saber máis, podedes clica neste enlace: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!

luns, 24 de novembro de 2014

O xinecólogo Denis Mukwege, Premio Sajarov 2014

O Premio Sajarov á Libertade de Conciencia é un premio que o parlamento europeo concede cada ano. Este a honra correspóndelle ao xinecólogo congoleño Denis Mukewege. É, probablemente, o xinecólogo que vive na peor parte do mundo para exercer a súa profesión. Co seu labor, desenvolvido no Hospital Panzi, na cidade de Bukavu no Congo, converteuse no maior especialista de África en tratamento de mulleres e nenas violadas en grupo.
O doutor Mukwege trata mulleres violadas, torturadas e salvaxemente asasinadas por soldados. Pois, dende que comezou a guerra civil no seu país, as agresións sexuais son utilizadas como atroz arma de guerra.
O Día 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, en memoria das vítimas de violencia de xénero, pon en valor o traballo excepcional de personalidades asombrosas coma a de Denis Mukwege, que loita cada día con esta lacra que castiga a millóns de mulleres diariamente en todo o mundo.
Grazas doutor Mukwege polo seu traballo e a súa xenerosidade!!
http://internacional.elpais.com/internacional/2014/10/21/actualidad/1413914504_527447.html
 
 
 
 
 

luns, 13 de outubro de 2014

O PREGUNTÓN

Está a piques de empezar O Preguntón. 
Participa... Será divertido!!


I MOSTRA DA CIENCIA


  No CPI A Xunqueira estamos a traballar nun proxecto de achegamento do mundo da Ciencia a todo o alumnado.
  Para iso, durante todo o curso, o alumnado de Secundaria traballará, xunto co profesorado, na realización de diferentes proxectos científico-tecnolóxicos.
  Estes proxectos serán presentados polo alumnado do 2º ciclo de Secundaria ao resto do centro na “I Mostra da Ciencia”, que intentaremos levar a cabo no 3º trimestre.
  Como desexamos que participe todo o centro, propoñémosvos dous retos:
Ø O PREGUNTÓN (pregunta mensual).
Ø A GYMKANA científica (un circuíto de actividades científicas durante a “Mostra”).

Animádevos a participar!
Será divertido!

xoves, 26 de xuño de 2014

Previr axuda a decidir



Este curso quixemos facer partícipe ao alumnado 3º de ESO do proxecto Quérote +, pareceunos interesante continuar traballando a Convivencia, a Imaxe persoal e a Sexualidade e darlle continuidade a un proxecto que xa se iniciara no curso 2012/2013. 

Ademais das charlas das educadoras do centro Quérote o alumnado realizou actividades para potenciar a  autestima,  o autoconcepto e a igualdade, realizadas dentro do Plan de Acción Titorial. Traballaron creando carteis sobre a violencia de xénero (axudados por alumnado de outros cursos), visionaron e debatiron sobre a película "Quiero ser como Beckham", ...


Podedes ler na nosa revista "O Xunquiño de Verán" un artigo con reflexións sobre os temas tratados.  







....Esperamos poder continuar facendo o proxecto...



CONSUMÓPOLIS

Este curso quixemos formar parte co alumnado de 3º ESO dun proxecto educativo relacionado co consumo responsable das TICs.

O obxectivo era plasmar nuns traballos finais o concepto que tiña o noso alumnado sobre o "Uso Responsable das Novas Tecnoloxías de Comunicación" (Móbil e Redes Sociais).

Queremos agradecer o esforzo dos grupos implicados, que adicaron  incluso parte do seu tempo de lecer, para a realización dos traballos finais, que concluíron nunha exposición no corredor de Secundaria.


martes, 24 de xuño de 2014

Entrega de premios e diplomas do II Concurso de Sobremesas

O martes 17 de xuño celebramos no noso centro o II Concurso de Sobremesas con froitas. Aproveitouse a ocasión para entregar os premios dos concurso de marcapáxinas e fotografía convocados polo Equipo de Normalización Lingüística.
O éxito deste concurso está na alta participación e compromiso dos pais e nais, pois sen esa gran axuda os alumnos/as non poderían participar. Para todos eles van as nosas grazas, por facer desta xornada un día tan especial.
É por iso que este ano repartíronse os diplomas públicamente. Aínda que os gañadores foron só tres, os participantes son merecedores dos aplausos de toda a comunidade.
Grazas a tod@s!!!

domingo, 22 de xuño de 2014

Cóntame, III Encontro Musical na Coruña

Participación do alumnado de Secundaria do CPI A Xunqueira no III Encontro de Galicia para Secundaria e Bacharelato no Centro Cívico Ágora de A Coruña o día 8 de maio.

Concerto en Celanova

Os alumnos/as de 2º e 3º de Secundaria participaron nn Concerto Didáctico de órgano no Mosteiro de Celanova.


 

Gañadores do II Concurso de Sobremesas do CPI A Xunqueira

Estes son os nomes dos gañadores do II Concurso de Sobremesas:

Para a sobremesa máis orixinal :
"Chuta, remata e ... GOL!!!" elaborado por Ariadna Rocha López de 3º B de Secundaria



Para a sobremesa con mellor gusto:
"Tarta de queixo e macedonia", elaborada por Samuel Novo Pérez(Infantil 3 anos) e a súa nai






Para a sobremesa de mellor presentación: 
"Tulipáns de amorodos con toques de melón" elaborada por David Parga Torrente e a súa nai





Despedida da promoción de Infantil 2011/14

Despedida da promoción de Infantil 2011/14. Nesta foto están coa súa titora Inés e con Cecilia (a profe de apoio):




venres, 20 de xuño de 2014

Despedida da promoción 2008/2014 de 6º de Primaria

Fin de curso é sempre un día especial. Despedímonos con ledicia pois queda por diante todo o verán. Rematan os horarios estrictos, os deberes, as actividades, ... Un ano más, dicimos adeus aos alumnos/as que rematan 6º.
Espéravos unha nova etapa. Sorte rapaces e rapazas!!!


luns, 16 de xuño de 2014

II Concurso de Sobremesas con froita

Mañá martes 17 de xuño celebraremos no centro o II Concurso de Sobremesas con froitas. Toda a comunidade educativa está invitada á degustación, que será a partir das 12:30. Aproveitaremos para entregar os premios dos concursos convocados polo Equipo de Normalización Lingüística.
Esperámosvos!!!



xoves, 12 de xuño de 2014

Coñecemos a Arcimboldo

Os alumnos/as de Infantil tratando de homenaxear ao pintor milanés do século XVI, realizaron este mural. Arcimboldo é coñecido polas súas representacións pictóricas con froitas.

 

luns, 9 de xuño de 2014

Obradoiro de bebidas saudables

Este obradoiro de bebidas saudables pretende achegar ao alumnado hábitos saudables a través das bebidas. Tratouse dos riscos do consumo de alcohol no tempo de lecer.


Obradoiro de galletas

Os alumnos/as de Relixión levaron a cabo un obradoiro de galletas. Aquí tedes a mostra:

Os almorzos no tempo

A nosa maneira de almorzar cambiou ao longo do tempo. Non almorzaban o mesmo os nosos avós que os nosos pais/nais. Estes son os carteis que elaboraron os alumnos de secundaria onde se reflicte a evolución dos almorzos no tempo.

xoves, 5 de xuño de 2014

3ª Semana da froita en Infantil de 5 anos

A semana do 26 ao 30 de maio foi a terceira e última semana da froita deste curso. Aproveitamos que xa había moitas froitas de óso.
Estas son as fotos de Infantil de 5 anos:

luns, 2 de xuño de 2014

3ª Semana da Froita. 4 anos

Na última semana de maio celebramos a 3ª Semana da Froita. Tomamos mazás, albaricoques, nésperas, cereixas e nectarinas. Aquí van as fotos.


A 3ª Semana da Froita

Nos últimos días de maio celebramos a 3ª Semana da Froita. Tomamos mazás, albaricoques, nésperas, cereixas e nectarinas.  Aquí van as fotos.

luns, 12 de maio de 2014

2ª Semana da froita en Infantil de 3 e 4 anos

A semana do 5 ao 12 de maio tivemos a segunda semana da froita neste curso. As froitas consumidas foron mazás, peras, plátanos, amorodos e mandarinas.
Os de Infantil de 3 e 4 anos aproveitaron esta semana e o venres a tomaron con chocolate.
Aquí vos deixo o vídeo:

martes, 8 de abril de 2014

Almorzo saudable 2º Ciclo

Por un problema informático, este vídeo chega algo tarde.  Estes son os almorzos dos chicos e chicas de 3º e 4º de Primaria. Pasamos un rato divertido e aprendimos como debemos almorzar de forma saudable.
Grazas Fernanda por estes almorzos!!!

venres, 4 de abril de 2014

Almorzo Saudable 1º Ciclo

Esta semana que acaba de rematar foi a semana dos almorzos saudables. A cafetería do noso cole estaba arrecendo a pan quente dende primeira hora da mañá. Pasamos un rato moi agradable cos nosos compañeiros/as e profesoras.  
Aquí están as imaxes:


Almorzo Saudable en E. Infantil

Esta semana os rapaces e rapazas de Infantil baixamos á cafetería para tomar o noso almorzo saudable. Foi un momento moi divertido! Ahí van esas imaxes!!

Aquí vai o víedo do almorzo de 3 e 4 anos:



Este é o vídeo que corresponde ao almorzo de 5 anos:

domingo, 30 de marzo de 2014

Xornada de Almorzo Saudable en 3º Ciclo de Primaria

A semana que acaba de rematar os alumnos/as de 3º Ciclo de Primaria baixaron á cafetería a almorzar a primera hora da mañá. O almorzo debe ser divertido e variado. Cada un debía combinar os alimentos seguindo as pautas para prepararse un almorzo saudable.

luns, 24 de marzo de 2014

Xornadas de Almorzo Saudable

Mércores e venres desta semana os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria participarán nunha xornada de Almorzo Saudable na cafetería do centro.





venres, 21 de febreiro de 2014

Visita ao Campus de Ferrol

Os alumnos/as de 4º de Secundaria do noso centro visitaron o Campus de Ferrol. Foron recibidos no salón de actos do Campus, pasando posteriormente a facer o percorrido polas instalacións de Ferrol e Serantes.

martes, 18 de febreiro de 2014

Exposición "Día de San Valentín"

O venres 14 de febreiro o noso centro abreu as súas portas cheo de corazóns e de mensaxes de amor. Na entrada, baixo un debuxo de Cupido, podiamos ver unha cesta cunha morea de poemas de amor. Murais colgados do teito, pegados polas paredes, recordáronnos ese día. O 14 de febreiro non é só o día dos namorados/as, tamén é o día da amistade.  Regalar un poema a unha persoa para nós especial é un bonito detalle que agrada a quen o fai e a quen o recibe.
Vide visitar a nosa exposición, seguro que vos gusta!!


venres, 14 de febreiro de 2014

Protocolo Absentismo escolar

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014, co propósito de trasladar o protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Protocolo Absentismo Escolar

domingo, 9 de febreiro de 2014

O Día da Paz: as tomas falsas

Estas son tomas falsas que se fixeron durante as gravacións no Día da Paz. Este vídeo demostra o duro de actuar:

1ª Semana da Froita do curso 2013/14

Esta semana que acaba de rematar celebramos a primeira semana da froita.  Este é o vídeo

luns, 3 de febreiro de 2014

Paraugas pola Paz: O día da Paz no CPI A Xunqueira

Así foi a celebración do Día escolar pola Paz e a non Violencia. Debido ao mal tempo, os ciclos e niveis foron pasando pola biblioteca para facer unha lectura de poemas, cantar cancións ou reflexionar sobre o que significa este día. Tamén, cada clase decorou paraguas con lemas e debuxos de Paz que adornan a entrada do centro.
Ahí vai o vídeo. Agardamos que disfrutedes!!

Libro de Paz, dos alumnos/as de 3º de Primaria

Este foi o traballo que prepararon os alumnos e alumnas de terceiro de Primaria. Estes poemas foron leídos no acto que, con motivo do Día da Paz, tivo lugar na biblioteca do noso centro.

luns, 27 de xaneiro de 2014

Paz, paz, paz de Juanes

A nosa canción para o Día da Paz deste ano: 

LETRA 
PAZ, PAZ, PAZ de Juanes 
Somos la nueva semilla del futuro, de la vida 
Somos los niños que cantan por la paz y la esperanza
Somos la nueva semilla del futuro, de la vida 
Somos los niños que cantan por la paz y la esperanza
Dame la mano, vamos todos a soñar con la paz 
Dame la mano, vamos todos a soñar con la paz 
¡Paz, paz, paz, paz, paz, paz, paz! ¡Paz, paz, paz, paz, paz, paz, paz!

domingo, 19 de xaneiro de 2014

Os logros de Mandela

Cronoloxía da vida de Mandela
http://www.ehowenespanol.com/10-logros-nelson-mandela-galeria_330004/#pg=1
(Preme na imaxe)

Mandela: Unha vida extraordinaria

(Preme na imaxe)

Caza do Tesouro: Madiba

O equipo de biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa, no Barco de Valdeorras (Ourense), ten preparada esta caza do tesouro sobre a figura de Nelson Mandela.
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/mandela/index.html
(Preme na imaxe)

Recursos para a PAZ

Preme na palabra PAZ e atoparás unha morea de recursos para reflexionar sobre o seu significado.
Ademais, neste outro enlace hai modelos de presentacións para prepara o Día Da Paz.

Cancións para a PAZ

domingo, 12 de xaneiro de 2014

Festivais de Nadal do CPI A Xunqueira

Xa están publicados os vídeos dos festivais de Nadal (Infantil e Primaria, e Secundaria) que celebramos os días 19 e 20 de decembro de 2013.
Estes son os enlaces, agradamos que gocedes con eles!!

http://normalizaaxunqueira.blogspot.com.es/2014/01/festival-de-nadal-de-infantil-e-primaria.html
                                                   (preme na imaxe: Infantil e Primaria)



http://normalizaaxunqueira.blogspot.com.es/2014/01/festival-de-nadal-de-secundaria.html

                                                            (preme na imaxe: Secundaria)