O Equipo Dinamizador da Convivencia Escolar encárgase cada ano da elaboración de actividades encamiñadas á mellora da convivencia no noso centro e do seguimento do Plan de Convivencia
Hoxe despídese de nós os alumnos e alumnas de 4º de Secundaria.
Neste novo camiño que emprendedes cara ao voso futuro que o CPI A Xunqueira, con todos os que formamos esta comunidade educativa, sexa sempre o faro que ilumine ese sendeiro cheo de bos momentos.
O venres 22 de xuño despedimos á promoción 2006/12 de 6º de Primaria.
Desexámosvos sorte nesta nova etapa!
Unha aperta
Feliz verán a todos!!
mércores, 20 de xuño de 2012
ADEUS AO MANDILÓN !!!
Aquí estamos as nenas e nenos que rematamos E. Infantil coa nosa profe Mimí. No outono empezaremos primaria e xa sabemos que...Non teremos que poñer o mandilón! Xenial! Estamos moi contentos con esta nova...
O venres 8 de xuño visitounos Juan Domínguez, xogador do Deportivo de A Coruña. Foi unha visita moi especial para todos pois, ademais de ser un xogador de fútbol coñecido, foi alumno do noso centro. Todos o recordamos con cariño e sempre que nos visita é motivo de alegría e ..., sobre todo, espectación entre os nosos alumnos/as.
Contestou a un montón de preguntas; posou para todos os alumnos/as, para os profes; asinou centos de fotos, balóns, camisetas, cadernos, etc e todo o fixo con moita paciencia e amabilidade.
A Semana do 21 ao 25 de maio os alumnos/as do CPI A Xunqueira durante o recreo consumiron froita fresca. Esta iniciativa, subvencionada polo FOGGA, dá cada ano mellores resultados. Primeiro, hai espectación cada día pola froita que imos comer; segundo conseguimos que os nenos/as se abran a sabores novos; e terceiro, damos outra alternativa á merenda tipo "chuches". Como en cada Semana da Froita, informamos dos beneficios que produce na nosa saúde. Consumimos mazás, plátanos, fresas e cereixas. Esta semana probamos como novidade a néspera.
Se clicades na etiqueta Semana da Froita coñeceredes os beneficios que para a saúde ten o consumo das froitas.
Aqui vén o vídeo:
Hoxe 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medioambiente. O vídeo está en inglés, pero non son necesarias as palabras ...
A 5.000 km ao oeste de San Francisco está a illa de Midway. Poden congregarse nela ao redor de dousmillóns de aves, sobre todo albatros.
O alimento dos albatros son os calamares e outras criaturas mariñas que flotan na superficie da auga. Actualmente, o que máis flota en Midway son os plásticos levados alí por correntes mariñas. O plástico ocupa unha parte cada maior dos seus estómagos e lles impide inxerir outros alimentos. Mecheiros, cepillos de dentes, xoguetes, perchas, mesmo cartuchos de impresora emporcan estas praias de area dourada e paradisíaca do Pacífico. Todo de "usar e tirar" como se calquera obxecto polo feito de ser usado, puidera ser tirado impunemente.