Tivemos unha semana chea de sorpresas polos mandatos da meiga (que xa empezou o luns coas súas bromas).
O último día de festa foi o venres. Despois do concurso de coplas e comparsas saímos polo barrio de San Valentín. Agradecemos dende este blog a colaboración da Policía Local do Concello de Fene por facernos as cousas máis fáciles.
Para que todo funcione un día coma este de Entroido é necesario o traballo de toda Comunidade educativa (pais/nais, alumnos/as, profesores/as, persoal non docente, ...).
Grazas a todos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario