martes, 1 de febreiro de 2011

Recomendacións para crear un espacio de Paz ao noso arredor

Estes son os consellos que os nenos e nenas de 1º de Primaria nos dan para convertir o noso mundo nun espazo de Paz :
  • Non vivimos sós. Compartimos o espazo con outras persoas: familia, amigos, veciños…
  • Paz significa compartir os momentos alegres.
  • Paz significa ofrecer o noso apoio nos momentos tristes.
  • Eles non teñen tantas forzas como antes e necesitan a túa comprensión e compaña.
  • Debemos evitar facer cousas que poidan ofender ou amolar.
  • Ás veces algúns comentarios poden desgustar aos demais.
  • Por iso pensa o que vas dicir para non molestar.
  • Ponte no lugar da outra persoa para entender mellor o efecto das túas palabras.
  • Respecta o que din os demais. Escoita as súas palabras.
  • Despois se non estás de acordo expresa a túa opinión. Pero con boas palabras. Sen gritar.
  • Podes enfadarte cando algo non che gusta. Pero tes que saber expresar aos demais o enfado. Sen insultar.
  • Os conflitos débense resolver falando.
  • E nunca, nunca, nunca insultando ou pelexando.
  • Trata aos demais como che gustaría que te tratasen a ti. 

Os rapaces e rapazas de segundo recitaron esta poesía:

Non busques a guerra
busca a verdade a Paz,
para toda a humanidade

Doce meses ten o ano,
catro fases ten a lúa,
pidamos por eses paisanos
que non teñen paz na rúa.
Recitemos para que poidamos deixar
a tódolos nenos do mundo
un anaquiño de Paz.

A prensa, a radio e a televisión
son medios de comunicación.
Desexamos que transmitan mensaxes
de Paz a tódalas nacións.

Na beira do mar
busco un peixe colorado
que leve a mensaxe de Paz
a tódolos estados

Unha voz que está no aire
pide con moito donaire,
que todos vivamos en Paz!

Antón sae de paseo,
e mira pampo o ceo,
para expresar o seu desexo,
que non é nada sinxelo.
Que tódolos nenos e nenas vivan en Paz.

Sentín berrar, berrar en voz alta,
tende tino compañeiros,
que a Paz fai moita falta!

Os paxaros piadores
cruzan de encina en encina
para pedir pola Paz
en tódalas esquinas.

Teño un teatro xeitoso.
máis xeitoso non o hai.
Con el representarei
un mundo que viva en Paz

Unha carta quero escribir
a tódolos gobernantes do mundo
para que, en Paz
todos poidamos vivir!

Paz no mundo
Paz na aterra
para toda a xente
que vive nela.

Este día, non é un día calquera,
é o comezo da Paz
e o remate da guerra

Ningún comentario:

Publicar un comentario