venres, 26 de xuño de 2015

Despedida Promoción 2011/15 de 4º de Secundaria

Onte, 25 de xuño celebramos a Festa de Graduación da promoción 2011/15 de 4º de Secundaria. Foi a primeira vez e resultou moi emotivo e gratificante. Tras discursos de despedida, agradecementos, entrega de diplomas e agasallos; alumnos/as, pais/nais e profesores/as tomamos un aperitivo no porche do centro.
Boa sorte a tod@s!!!!
Non nos olvidedes!!!



Despedida da Promoción de 2009/15 de 6º de Primaria

O venres 19 de xuño despedimos á promoción 2009/15 de 6º de Primaria. Boa sorte a todos nesta nova etapa!!!




venres, 19 de xuño de 2015

III Concurso de Sobremesas con Froitas

O mércores 17 de xuño foi a terceira edición do concurso de sobremesas con froitas que todos os anos se celebra no noso centro. Aproveitamos este acontecemento para entregar os premios doutros concursos: Os premiados do Preguntón, do concurso de fotografía e do marcapáxinas.

 Resultados:
  • O premio á mellor presentación foi para "Xardín de A Xunqueira" (sobremesa nº 47) elaborada por Sara Pouso e Jorge Varela de 4º de Primaria
  • O premio á sobremesa de mellor gusto foi para "Hoxaldre de cereixas"(sobremesa nº 41) elaborada por Luis Iglesias Prado de Infantil de 3 anos.
  • O premio á sobremesa de máis orixinal foi para "Carriño de bebé de sandía" (sobremesa nº 12) elaborada por Andrea Cabaleiro Novo, Soraya Beceiro Romero, Candela Pérez Ramos e Aitana Fernández Reis de 6º de Primaria.

mércores, 17 de xuño de 2015

MOSTRA DE CIENCIA E TECNOLOXÍA

O venres 5 de xuño celebrouse unha mostra de ciencia e tecnoloxía onde alumnos de secundaria amosaron aos alumnado de infantil e primaria experimentos, obxectos tecnóloxicos e robots. Foi unha xormnada para convivir, aprender e divertirse. 

Grazas a tod@s por participar e polo bo traballo!!

domingo, 14 de xuño de 2015

PREVENIR AXUDA A DECIDIR




QUÉROTE +


Este curso o alumnado de 3º ESO participou no proxecto QUÉROTE +, no que aprenden a coñecerse a eles mesmos e a relacionarse. 

O seguinte texto resume as impresións d@s alumn@s...


xoves, 11 de xuño de 2015

I Mostra da Ciencia e da Tecnoloxía

O pasado venres 5 de xuño, e como broche final ao Preguntón, levouse a cabo noo noso centro a I Mostra da Ciencia e da Tecoloxía. Foron os alumnos/as de 4º de Secundaria os encargados de preparar 20 probas ás que os alumnos/as de Primaria deberían de dar resposta. Os grupos de Primaria, identificados por nomes de animais; eran mixtos (de varios cursos). Cada grupo levaba un encargado (de 3º/4º de ESO).
Resultou unha actividade realmente motivadora e gratificante. Todos o pasamos moi ben.
Agradecer ao alumnado de 3º e 4º de Secundaria o traballo desenvolvido, pois foi grazas a eles/as o éxito desta xornada.
Grazas chic@s!!!

...