O noso centro colabora na campaña "Tapóns Solidarios" dende hai varios anos. A duda sobre que tipo de tapón se recicla fai que non sempre o fagamos ao 100%. Esta entrada pretende facilitarno esa reciclaxe e sacarnos de moitas dúbidas. Esperamos que vos sexa de utilidade.
O Equipo Dinamizador da Convivencia Escolar encárgase cada ano da elaboración de actividades encamiñadas á mellora da convivencia no noso centro e do seguimento do Plan de Convivencia
martes, 13 de outubro de 2015
venres, 26 de xuño de 2015
Despedida Promoción 2011/15 de 4º de Secundaria
Onte, 25 de xuño celebramos a Festa de Graduación da promoción 2011/15 de 4º de Secundaria. Foi a primeira vez e resultou moi emotivo e gratificante. Tras discursos de despedida, agradecementos, entrega de diplomas e agasallos; alumnos/as, pais/nais e profesores/as tomamos un aperitivo no porche do centro.
Boa sorte a tod@s!!!!
Non nos olvidedes!!!
Despedida da Promoción de 2009/15 de 6º de Primaria
O venres 19 de xuño despedimos á promoción 2009/15 de 6º de Primaria. Boa sorte a todos nesta nova etapa!!!
venres, 19 de xuño de 2015
III Concurso de Sobremesas con Froitas
O mércores 17 de xuño foi a terceira edición do concurso de sobremesas con froitas que todos os anos se celebra no noso centro. Aproveitamos este acontecemento para entregar os premios doutros concursos: Os premiados do Preguntón, do concurso de fotografía e do marcapáxinas.
Resultados:
Resultados:
- O premio á mellor presentación foi para "Xardín de A Xunqueira" (sobremesa nº 47) elaborada por Sara Pouso e Jorge Varela de 4º de Primaria
- O premio á sobremesa de mellor gusto foi para "Hoxaldre de cereixas"(sobremesa nº 41) elaborada por Luis Iglesias Prado de Infantil de 3 anos.
- O premio á sobremesa de máis orixinal foi para "Carriño de bebé de sandía" (sobremesa nº 12) elaborada por Andrea Cabaleiro Novo, Soraya Beceiro Romero, Candela Pérez Ramos e Aitana Fernández Reis de 6º de Primaria.
mércores, 17 de xuño de 2015
MOSTRA DE CIENCIA E TECNOLOXÍA
O venres 5 de xuño celebrouse unha mostra de ciencia e tecnoloxía onde alumnos de secundaria amosaron aos alumnado de infantil e primaria experimentos, obxectos tecnóloxicos e robots. Foi unha xormnada para convivir, aprender e divertirse.
Grazas a tod@s por participar e polo bo traballo!!
domingo, 14 de xuño de 2015
PREVENIR AXUDA A DECIDIR
QUÉROTE +
Este curso o alumnado de 3º ESO participou no proxecto QUÉROTE +, no que aprenden a coñecerse a eles mesmos e a relacionarse.
O seguinte texto resume as impresións d@s alumn@s...
xoves, 11 de xuño de 2015
I Mostra da Ciencia e da Tecnoloxía
O pasado venres 5 de xuño, e como broche final ao Preguntón, levouse a cabo noo noso centro a I Mostra da Ciencia e da Tecoloxía. Foron os alumnos/as de 4º de Secundaria os encargados de preparar 20 probas ás que os alumnos/as de Primaria deberían de dar resposta. Os grupos de Primaria, identificados por nomes de animais; eran mixtos (de varios cursos). Cada grupo levaba un encargado (de 3º/4º de ESO).
Resultou unha actividade realmente motivadora e gratificante. Todos o pasamos moi ben.
Agradecer ao alumnado de 3º e 4º de Secundaria o traballo desenvolvido, pois foi grazas a eles/as o éxito desta xornada.
Grazas chic@s!!!
...
martes, 26 de maio de 2015
xoves, 14 de maio de 2015
Ven comigo ao cole!!!
Este é un emotivo vídeo titulado "Ven conmigo al cole" . Os protagonistas os alumnos e alumnas de ASPANAES . A finalidade do
mesmo é desmitificar o trastorno de espectro autista (TEA) e que a
sociedade o comprenda mellor. Isto axudaría moitísimo aos nenos e
nenas e ás súas familias.
sábado, 18 de abril de 2015
Froitas Divertidas
Nas aulas de E. Infantil crearon pratos divertidos con froitas:
- Ovos fritos con patacas (Mazás e melocotóns!!!)
- Palmeiras (Kiwi, plátano e mandarina!!!)
martes, 7 de abril de 2015
OS ALMORZOS SAUDABLES DA XUNQUEIRA
No mes de marzo, no noso centro, celebramos a "Xornada do almorzo saudable". A intención deste día é a de que valoremos o almorzo como una comida moi importante, e non algo que facemos a todo correr(e ás veces, nin facemos). Foi de moi boa acollida entre o alumnado de Primaria e Infantil, como veredes nos seguintes vídeos. Os alumnos e alumnas de Secundaria terán esta xornada durante o mes de abril.
domingo, 5 de abril de 2015
Entrega de premios "Dereitos Humanos"
O venres 27 de marzo os alumnos/as de 6º de Primaria desprazáronse ao Pazo de Xustiza de Ferrol para acompañar á súa compañeira Aitana a recoller o premio do concurso "Dereitos Humanos"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)