xoves, 11 de decembro de 2014

O PREGUNTÓN: DECEMBRO


TEDES ATA O 19 DE DECEMBRO PARA SUPERAR ESTE NOVO RETO!!
A masa das augas que cobren as depresións da codia terrestre forma mares e océanos, que ocupan sete de cada dez partes da superficie do planeta. Xunto cos ríos e lagos forman a Hidrosfera.

A pregunta deste mes está relacionada coa auga dos mares...



POR QUE A AUGA DO MAR NON CALMA A SEDE?


Ponlle as pilas ao teu bocata!!!

Hoxe visitáronos o equipo de "Ponlle as pilas ao teu bocata!! Viñeron para ensinarnos diferentes maneiras de facer un bocata con productos do mar en conservas.
Comezou o obradoiro cunha charla sobre nutrición na biblioteca. Máis tarde pasamos ao laboratorio onde cada un montaría o bocata ao seu gusto. Había de todo: queixo, cebola, leituga, atún, mexilóns, millo doce, olivas, ... Todo estaba boísimo!!!
Para saber máis, podedes clica neste enlace: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!