xoves, 26 de xuño de 2014

Previr axuda a decidir



Este curso quixemos facer partícipe ao alumnado 3º de ESO do proxecto Quérote +, pareceunos interesante continuar traballando a Convivencia, a Imaxe persoal e a Sexualidade e darlle continuidade a un proxecto que xa se iniciara no curso 2012/2013. 

Ademais das charlas das educadoras do centro Quérote o alumnado realizou actividades para potenciar a  autestima,  o autoconcepto e a igualdade, realizadas dentro do Plan de Acción Titorial. Traballaron creando carteis sobre a violencia de xénero (axudados por alumnado de outros cursos), visionaron e debatiron sobre a película "Quiero ser como Beckham", ...


Podedes ler na nosa revista "O Xunquiño de Verán" un artigo con reflexións sobre os temas tratados.  







....Esperamos poder continuar facendo o proxecto...



CONSUMÓPOLIS

Este curso quixemos formar parte co alumnado de 3º ESO dun proxecto educativo relacionado co consumo responsable das TICs.

O obxectivo era plasmar nuns traballos finais o concepto que tiña o noso alumnado sobre o "Uso Responsable das Novas Tecnoloxías de Comunicación" (Móbil e Redes Sociais).

Queremos agradecer o esforzo dos grupos implicados, que adicaron  incluso parte do seu tempo de lecer, para a realización dos traballos finais, que concluíron nunha exposición no corredor de Secundaria.


martes, 24 de xuño de 2014

Entrega de premios e diplomas do II Concurso de Sobremesas

O martes 17 de xuño celebramos no noso centro o II Concurso de Sobremesas con froitas. Aproveitouse a ocasión para entregar os premios dos concurso de marcapáxinas e fotografía convocados polo Equipo de Normalización Lingüística.
O éxito deste concurso está na alta participación e compromiso dos pais e nais, pois sen esa gran axuda os alumnos/as non poderían participar. Para todos eles van as nosas grazas, por facer desta xornada un día tan especial.
É por iso que este ano repartíronse os diplomas públicamente. Aínda que os gañadores foron só tres, os participantes son merecedores dos aplausos de toda a comunidade.
Grazas a tod@s!!!

domingo, 22 de xuño de 2014

Cóntame, III Encontro Musical na Coruña

Participación do alumnado de Secundaria do CPI A Xunqueira no III Encontro de Galicia para Secundaria e Bacharelato no Centro Cívico Ágora de A Coruña o día 8 de maio.

Concerto en Celanova

Os alumnos/as de 2º e 3º de Secundaria participaron nn Concerto Didáctico de órgano no Mosteiro de Celanova.


 

Gañadores do II Concurso de Sobremesas do CPI A Xunqueira

Estes son os nomes dos gañadores do II Concurso de Sobremesas:

Para a sobremesa máis orixinal :
"Chuta, remata e ... GOL!!!" elaborado por Ariadna Rocha López de 3º B de Secundaria



Para a sobremesa con mellor gusto:
"Tarta de queixo e macedonia", elaborada por Samuel Novo Pérez(Infantil 3 anos) e a súa nai






Para a sobremesa de mellor presentación: 
"Tulipáns de amorodos con toques de melón" elaborada por David Parga Torrente e a súa nai





Despedida da promoción de Infantil 2011/14

Despedida da promoción de Infantil 2011/14. Nesta foto están coa súa titora Inés e con Cecilia (a profe de apoio):




venres, 20 de xuño de 2014

Despedida da promoción 2008/2014 de 6º de Primaria

Fin de curso é sempre un día especial. Despedímonos con ledicia pois queda por diante todo o verán. Rematan os horarios estrictos, os deberes, as actividades, ... Un ano más, dicimos adeus aos alumnos/as que rematan 6º.
Espéravos unha nova etapa. Sorte rapaces e rapazas!!!


luns, 16 de xuño de 2014

II Concurso de Sobremesas con froita

Mañá martes 17 de xuño celebraremos no centro o II Concurso de Sobremesas con froitas. Toda a comunidade educativa está invitada á degustación, que será a partir das 12:30. Aproveitaremos para entregar os premios dos concursos convocados polo Equipo de Normalización Lingüística.
Esperámosvos!!!



xoves, 12 de xuño de 2014

Coñecemos a Arcimboldo

Os alumnos/as de Infantil tratando de homenaxear ao pintor milanés do século XVI, realizaron este mural. Arcimboldo é coñecido polas súas representacións pictóricas con froitas.

 

luns, 9 de xuño de 2014

Obradoiro de bebidas saudables

Este obradoiro de bebidas saudables pretende achegar ao alumnado hábitos saudables a través das bebidas. Tratouse dos riscos do consumo de alcohol no tempo de lecer.


Obradoiro de galletas

Os alumnos/as de Relixión levaron a cabo un obradoiro de galletas. Aquí tedes a mostra:

Os almorzos no tempo

A nosa maneira de almorzar cambiou ao longo do tempo. Non almorzaban o mesmo os nosos avós que os nosos pais/nais. Estes son os carteis que elaboraron os alumnos de secundaria onde se reflicte a evolución dos almorzos no tempo.

xoves, 5 de xuño de 2014

3ª Semana da froita en Infantil de 5 anos

A semana do 26 ao 30 de maio foi a terceira e última semana da froita deste curso. Aproveitamos que xa había moitas froitas de óso.
Estas son as fotos de Infantil de 5 anos:

luns, 2 de xuño de 2014

3ª Semana da Froita. 4 anos

Na última semana de maio celebramos a 3ª Semana da Froita. Tomamos mazás, albaricoques, nésperas, cereixas e nectarinas. Aquí van as fotos.


A 3ª Semana da Froita

Nos últimos días de maio celebramos a 3ª Semana da Froita. Tomamos mazás, albaricoques, nésperas, cereixas e nectarinas.  Aquí van as fotos.