Momento no que probamos as froitas. Mmmmm! Que ricas están!
O Equipo Dinamizador da Convivencia Escolar encárgase cada ano da elaboración de actividades encamiñadas á mellora da convivencia no noso centro e do seguimento do Plan de Convivencia
martes, 25 de febreiro de 2014
venres, 21 de febreiro de 2014
Visita ao Campus de Ferrol
Os alumnos/as de 4º de Secundaria do noso centro visitaron o Campus de Ferrol. Foron recibidos no salón de actos do Campus, pasando posteriormente a facer o percorrido polas instalacións de Ferrol e Serantes.
martes, 18 de febreiro de 2014
Exposición "Día de San Valentín"
O venres 14 de febreiro o noso centro abreu as súas portas cheo de corazóns e de mensaxes de amor. Na entrada, baixo un debuxo de Cupido, podiamos ver unha cesta cunha morea de poemas de amor. Murais colgados do teito, pegados polas paredes, recordáronnos ese día. O 14 de febreiro non é só o día dos namorados/as, tamén é o día da amistade. Regalar un poema a unha persoa para nós especial é un bonito detalle que agrada a quen o fai e a quen o recibe.
Vide visitar a nosa exposición, seguro que vos gusta!!
Vide visitar a nosa exposición, seguro que vos gusta!!
venres, 14 de febreiro de 2014
Protocolo Absentismo escolar
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014, co propósito de trasladar o protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Protocolo Absentismo Escolar
Protocolo Absentismo Escolar
domingo, 9 de febreiro de 2014
O Día da Paz: as tomas falsas
Estas son tomas falsas que se fixeron durante as gravacións no Día da Paz. Este vídeo demostra o duro de actuar:
1ª Semana da Froita do curso 2013/14
Esta semana que acaba de rematar celebramos a primeira semana da froita. Este é o vídeo
sábado, 8 de febreiro de 2014
mércores, 5 de febreiro de 2014
luns, 3 de febreiro de 2014
Paraugas pola Paz: O día da Paz no CPI A Xunqueira
Así foi a celebración do Día escolar pola Paz e a non Violencia. Debido ao mal tempo, os ciclos e niveis foron pasando pola biblioteca para facer unha lectura de poemas, cantar cancións ou reflexionar sobre o que significa este día. Tamén, cada clase decorou paraguas con lemas e debuxos de Paz que adornan a entrada do centro.
Ahí vai o vídeo. Agardamos que disfrutedes!!
Ahí vai o vídeo. Agardamos que disfrutedes!!
Libro de Paz, dos alumnos/as de 3º de Primaria
Este foi o traballo que prepararon os alumnos e alumnas de terceiro de Primaria. Estes poemas foron leídos no acto que, con motivo do Día da Paz, tivo lugar na biblioteca do noso centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)