O Equipo Dinamizador da Convivencia Escolar encárgase cada ano da elaboración de actividades encamiñadas á mellora da convivencia no noso centro e do seguimento do Plan de Convivencia
mércores, 29 de maio de 2013
Carteis para promocionar unha boa alimentación
Os rapaces e rapazas de Secundaria fixeron carteis para promocionar o consumo de froita e os beneficios dunha alimentación saudable. Aquí tedes unha mostra:
venres, 17 de maio de 2013
3ª Semana da froita deste curso
O vindeiro luns 20 de maio comezará a terceira e última semana da froita deste curso. Tomaremos nectarinas, albaricoques, amorodos, plátanos e melocotóns.
domingo, 12 de maio de 2013
2ª Semana da froita
Do 22 ao 26 de abril celebramos a segunda semana da froita do curso. Como non é unha época de froita variada consumimos: mazás, peras, mandarinas, plátanos e fresas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)