xoves, 29 de novembro de 2012

Hábitos saudables

Un hábito é unha acción que, á forza de repetila, convértese na nosa maneira de facer as cousas.
Un hábito saudable é unha inversión en saúde. Establecer rutinas saudables na infancia é unha inversión en saúde para toda a vida.

luns, 26 de novembro de 2012

25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Actividades que conmemoran este día. Agardamos que gocedes co vídeo:

Cinco cancións para salvar ás mulleres

Cinco cancións de esperanza para salvar ás mulleres:
Bebe: Ella
Def con Dos: Ellas denunciaron
Porta: Bella y bestia
El Chojín: El final del cuento de hadas
Mala Rodríguez: Nanai

(Preme na imaxe)





Sabrina, Rosario, Iris, ...

É o titular dun artigo publicado en El País con motivo da celebración do Día Internacional da Violencia contra a muller.
Este ano 43 mulleres foron asasinadas polas súas mparellas ou exparellas ...Se queres seguir lendo preme aquí

domingo, 4 de novembro de 2012

Hortalizas e froitas, do A ao Z

Neste enlace á páxina de 5 ao día, atoparemos información de todas as froitas e hortalizas máis coñecidas:

Comer cores!!!

Os alimentos de orixe vexetal, en especial froitas, hortalizas e verduras posúen uns pigmentos de distintas cores que contribúen ao seu atractivo natural. Estas substancias son ademais benefciosas para a saúde.
Este material que aquí publicamos pode resultar interesante para a nosa educación en hábitos saudables.

Alimentación Saudable

A semana do 12 ao 16 de novembro celebraremos a primeira semana da froita deste curso. Neste enlace atoparedes material sobre o tema da alimentación saudable.
Agardamos que vos guste!