martes, 15 de maio de 2012

A etapa evolutiva da adolescencia

Esta presentación é unha reflexión sobre os cambios físcos e sociais que se producen na adolescencia. Danse algúns consellos prácticos aos pais/nais que poden axudar ás familias a pasar esta etapa de cambio e a súa problemática.


mércores, 9 de maio de 2012

"É absurdo encher as aulas de ordenadores"

É o titular dun artigo que apareceu publicado o 30 de abril na edición dixital de El País. Quen fai esta afirmación é Richard Gerver (1969), ex-actor e publicista , que recibeu no ano 2005 o premio ao mellor director de escola do Reino Unido polo traballo desenvolvido nun centro conflictivo. É autor do libro "Creando hoxe as escolas do mañá" , e coñecido internacionalmente polos vídeos publicados en Youtube, inspiradores e apaixonados, con miles de visitas.
Entrevista interesante pola visión que aporta da sociedade actual, dos cambios que se están a producir día a día e do futuro da educación.

martes, 8 de maio de 2012

Como axudar aos nosos fillos nos estudos

"Nunca consideres o estudo como unha obligación, senón como unha oportunidade para penetrar no belo e marabilloso mundo do saber." (Albert Einstein)

 
Para ampliar esta información: