xoves, 22 de decembro de 2011

25 de Novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 do 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro en memoria das irmáns Mirabal. Estas tres activistas políticas dominicanas foron asasinadas no ano 1960 por orde do dictador dominicano Rafael Leónidas Trujillo.

Por violencia contra a muller enténdese: "..Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluidas as ameazas, a coerción ou a privación arbitraria de liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na privada" (Asamblea Xeral da ONU, Resolución 48/104, 20 de decembro de 1993).

A continuación tedes un simpático vídeo protagonizado por alumnos de Educación Infantil para conmemorar este día


Pensa o que sentes, sinte o que pensas

Fermoso vídeo elaborado por alumnos e alumnas dun instituto en torno a un tema: violencia de xénero. Leonor é unha rapaza que ten un noivo, Ismael, da súa idade. Ao principio da relación todo vai ben, pero el pouco a pouco vai volvéndose máis agresivo e celoso.

martes, 13 de decembro de 2011

Chega o Nadal ao noso cole!!!

Durante a semana pasada e un pouco desta Teresa, a profe de Plástica, montou un belén na entrada do centro. Este ano resultou bastante espectacular. É moi grande, con figuras e casas preciosas, feitas polos alumnos/as do noso centro. Aínda que están dándolle os últimos retoques, nós queriamos amosaros unha mostra do bonito que está quedando.
Este é o noso espectacular belén!!!!

mércores, 7 de decembro de 2011

Yo estudié en la pública

YO ESTUDIÉ EN LA PÚBLICA é unha asociación cidadá en defensa do Ensino Público. Dende o colexio ata a Universidade, reivindica a importancia que para un país ten un ensino público de calidade. Se queres darlle o seu apoio, podes facelo dende esta páxina web:

luns, 5 de decembro de 2011

"Queres potenciar a intelixencia de teu fillo/a? Averigua que lle apaixona", Howard Gardner

Howard Gardner, neuropsicólogo e profesor en Harvard recibía este ano o Príncipe de Asturias na categoría das Ciencias Sociais. Este investigador, fillo de alemáns fuxidos do nazismo,mantén que non existe so unha intelixencia, senón oito: a lingüística, a lóxica-matemática, a visual-espacial (debuxar, interpretar un mapa), a musical, a corporal (danza, deportes), a intrapersoal (coñecemento dun mesmo), interpersoal (coñecementoi das persoas) e a naturalista (observación e clasificación das cousas).

Preme na imaxe