venres, 28 de xaneiro de 2011

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O venres 28 de xaneiro o noso centro celebrou o Día Escolar da Paz e a non Violencia. O tema que tratamos foi: Conflitos no mundo. Nas aulas os alumnos e alumnas axudados polos seus profesores/as elixiron un conflito, analizáronno tratando de describir como unha situación política dun país afecta ás persoas que viven nel.
Partindo desta reflexión, o venres baixamos todo o centro ao ximnasio (salón multiusos). Sentados no chan, escoitamos con respecto o que os nosos compañeiros/as prepararon. Esta é unha escolma. Trataremos de publicar todos os traballos que se prepararon para este día.
As alumnos/as de E. Infantil:  
OUTROS NENOS E NENAS COMA NÓS


Os alumnos e alumnas de 3º Ciclo de Primaria: 
O CONFLITO SAHARAUI


A continuación un fermoso vídeo sobre as letras de PAZ, elaborado por alumnos/as de 2º ESO
AS LETRAS DE PAZ

mércores, 19 de xaneiro de 2011

Comprar, tirar, comprar

Este documental, Comprar, tirar, comprar, foi emitido por TVE o día de 10 de xaneiro. Relata a historia da obsolescencia programada dende as súas orixes ata a actualidade. Os productos son deseñados cun tempo limitado de duración, así o consumidor vese obrigado a adquirir un novo.

martes, 18 de xaneiro de 2011

O Dereito de vivir en paz


A paz no mundo só se logrará se
todos teñen o mesmo valor
todos teñen roupa
e un lugar onde vivir
e todos teñen algo para comer e beber.
(Teaching Human Rights: Libro de recursos pedagóxicos. Consello Noruego para Refuxiados)



EL DERECHO DE VIVIR EN PAZ
(Víctor Jara)

El derecho de vivir
poeta Ho Chi Minh,
que golpea de Vietnam
a toda la humanidad.
Ningún cañón borrará
el surco de tu arrozal.
El derecho de vivir en paz.

Indochina es el lugar
mas allá del ancho mar,
donde revientan la flor
con genocidio y napalm.
La luna es una explosión
que funde todo el clamor.
El derecho de vivir en paz.

Tío Ho, nuestra canción
es fuego de puro amor,
es palomo palomar
olivo de olivar.
Es el canto universal
cadena que hará triunfar,
el derecho de vivir en paz.

(1970)

luns, 17 de xaneiro de 2011

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O Día Escolar da non violencia e da Paz foi declarado por primeira vez en 1964. Xurde dunha iniciativa pioneira, non gubernamental, independente e voluntaria de educación non violenta e pacificadora do profesor español Llorenc Vidal. Foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia mediante a Orde do 29 de novembro de 1976. O obxectivo deste día é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
O 30 de xaneiro, ademais, conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.

Enlaces de interese:

· Sedupaz. Seminario de Educación para la Paz-APDH.
http://www.pangea.org/org/sedupaz/

· Seminario de Educación para la Paz de las Comarcas de Tarragona
http://www.fut.es/ agr/bienve.htm

· Seminario Galego de Educación para la Paz
http://www.sgep.org

· Edualter. Iniciativa de coordinación e información sobre Educación para la Paz en Internet
http://www.pangea.org/edualter/

· CIP. Centro de Investigaciones por la Paz. Madrid
http://www.fuhem.es/portal/areas/paz/index.asp

· AMNISTÍA INTERNACIONAL (AI)
http://www.es.amnesty.org/

· Escuela cultura de Paz
http://escuelaculturadepaz.org/

domingo, 2 de xaneiro de 2011

The Potter ( o oleiro), unha forma de aprender

Esta fermosa curtametraxe, dirixida por Josh Burton, amósanos unha bnita maneira de entender o ensino.
Un mestre ensina ao seu discípulo que con entusiasmo, determinación, constancia e vontade pode conseguir modelar o barro como el queira.

sábado, 1 de xaneiro de 2011

Papá Noel e Os Reis Magos visitan A Xunqueira

O último día de clase do ano 2010 recibimos no nos cole dúas visitas moi importantes:
Papá Noel e as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Foron polas aulas visitando a todos os alumnos e alumnas que con eles quixeron falar. Aos Reis Magos entregáronlles as cartas, que un paxe foi metendo nun saco.

Festival de Nadal 2010. Infantil e Primaria

O martes 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal todos os alumnos/as e profesores/as de Infantil e Primaria xunto cos pais/nais, avós/as, tíos/as, ... Compartimos este momento con toda a Comunidade Educativa, aínda que o son (por non variar) xogounos de novo unha mala pasada.
Aquí recollemos os momentos máis interesantes das actuacións: