luns, 29 de novembro de 2010

Visita de Louise Gates ao noso centro

Louise Gates vive en Australia. Leva en Galicia apenas un ano, vivindo coa súa familia en Ares. Este luns 29 de novembro achegouse ao noso cole para contarnos como é o seu país.
  • Sabíades que os nenos e nenas australianos pasan no colexio seis horas ao día?
  • Que é un país enorme (15 veces España) con algo menos da metade de habitantes que España?
  • Que os nenos e nenas australianos van ao colexio catro días á semana?
  • Que o nome de "canguro" foi un accidente, que canguro quere dicir "non lle entendo"? Unha lenda di que o nome canguro xurdeu ao preguntar os occidentais polo nome de tal animal. Os aboríxenes respondían: canguro (non lle entendo).
  • Que é un país tan inmenso que alberga un deserto e unha selva tropical?
  • Que ten a flora e a fauna máis espectacular do noso planeta?
 Todo isto e moito máis contounos hoxe.
Grazas Louise pola túa amabilidade!!!!
Agardamos verte pronto






domingo, 28 de novembro de 2010

Venres 26 de Novembro, Acto conmemorativo do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

O venres 26 de Novembro celebramos un acto conmemorativo con motivo do Día Internacional da violencia de xénero.



Open publication - Free publishing - More sport
Esta é a presentación elaborada polos alumnos/as do Equipo de Normalización Lingüística:



POEMAS

Xan” de Rosalía de Castro
Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a apañar o esterco,
Xan vai podar as viñas,
Xan vai a apañar o esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trae o estrume ó cortello,
e vai á fonte por auga,
e vai á misa cos nenos,
e fai o leito e o caldo…
Xan, en fin, é un Xan completo,
deses que a cada muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un “Xan”,
case sempre atopa un “Pedro”.
Pepa, a afortunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentres seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátalle as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalles millo ás galiñas,
marmura co irmán do Crego,
bota un ollos ós mazanceiros,
e lambe a nata do leite,
e se pode bota un neto
coa comadre, que agochado


Condición de muller” de Fran Alonso
Condición de muller,
destino centrifugado.
Condición de muller facendo tortillas.
Condición de muller na sorte das bateas.
Condición de muller neste barco de serrín.
Condición de muller nos ollos dos obreiros de goma.
Condición de muller nun home beluso que anda á viruta.
Condición de mulemba, muller de malembe,
esperanza rota.
Condición de muller, puta triste e taberneira.
Condición de muller, baleiro nas poteiras, almofadas
rotas.
Bragas, sucias.
Condición de muller

venres, 26 de novembro de 2010

Solidariedade co pobo saharaui

Dende o noso centro estase a levar a cabo unha campaña de recollida de material escolar:
  • Regras, escuadras e cartabóns
  • Compás
  • Grampadoras e grampas
  • Mapas físico e político de África e do mundo
  • Xices
Agradecemos de antemán toda a colaboración que a nosa Comunidade Educativa poda aportar.
No segundo trimestre visitaranos Berta Blanco de La Piñera, persoa que colabora con varias organizacións de axuda ao Pobo Saharaui. Estas charlas estarán enmarcadas dentro dunha campaña de sensibilización ante a precaria situación deste pobo.

domingo, 21 de novembro de 2010

Reflexións para mellorar a convivencia

EMILIO CALATAYUD
Emilio Calatayud é un maxistrado español, xuiz de menores de Granada, coñecido polas súas sentencias exemplares.
Estas son algunhas das súas afirmacións:
Decálogo para formar a un delincuente



Lección Maxistral





Os nenos veno ... Os nenos fano
NAPCAM, unha asociación australiana para a prevención de abusos a menores, lanzou unha campaña co título: "Os nenos veno ... os nenos fano". O vídeo que segue recolle a importancia do exemplo na educación dos nenos e nenas.

xoves, 11 de novembro de 2010

Día das uvas. Xoves 11 de novembro

BENEFICIOS DA UVA
·       A uva é unha froita  rica en zucres, ata un 16% aproximadamente.
·       Posúe un alto nivel calórico, unhas 60 calorias por cada cen gramos. Ten escasas proteínas, apenas grasas, algo de fibra , calcio, ferro, mágnesio e bastante potasio.
·       Dende o punto de vista dietético, é unha das froitas máis enerxéticas e útiles, xa que representa un combustible direto para o cerebro que emprega a glucosa en moitas das súas funcións.
·       Un dos compoñentes das uvas é o denominado resveratrol é  un antiinflamatorio que ademáis  protexe ao corazón ao reducir o nivel de colesterol.
·       É unha froita exquisita pero ademáis as súas pepitas teñen a posibilidade de ser unha fonte insospechada de beneficios para a pel.
Hoxe mércores tomamos uvas no recreo. Aquí estamos saboreando esta doce froita. 











mércores, 10 de novembro de 2010

Día da pera. Mércores 10 de novembro


BENEFICIOS DA PERA
·       A pera é unha froita  outonal  moi saudable  con moitas vantaxes para a saúde.
·       Aporta moitas vitaminas e minerais, ademais de ácido fólico, niacina e unha boa cantidade de fibras solubles en auga.
·       Ten propiedades antioxidantes, o cal é bo para a presión arterial , para o colesterol e especialmente para reforzar o sistema inmunolóxico.
·       É unha excelente aliada á hora de previr enfermidades coma o arrefriado, o gripe, bronquites e moitas outras que podemos contraer por ter as defensas baixas
·       É diurética e laxante suave polo que se recomenda beber zume de pera para regular os movementos do intestino nos casos de estrinximento.
O mércores foi o día da pera. Os máis pequenos preferían esta froita pelada. A profe Mimí encargouse dese traballo no recreo dos máis pequenos.

As peras que tomamos estaban moi ricas!!!!!!!







martes, 9 de novembro de 2010

Día da mandarina. Martes 9 de novembro

BENEFICIOS DA MANDARINA
·       A mandarina pertence a  un grupo de froitas cítricas que son unha excelente fonte de vitamina C. Lembra que os niveis baixos de vitamina aumentan a nosa susceptibilidade ás infeccións.
·       É un antioxidante  que proporciona protección contra varios tipos de cancro.Ten un extraordinario potencial para protexernos das posibles enfermidades hepáticas (fígado).
·       É necesario que te asegures de comer as membranas que hai entre os gallos , así como parte das  medulas que se atopan adheridas a isto, xa que conteñen pectina, una fibra útil para diminuír o colesterol no sangue.
·       É unha froita deliciosa,  moi saudable,  máis doce que a laranxa e mais doada de mondar .
No recreo do martes 9 de novembro repartíronse no noso centro mandarinas. Era a froita preferida de moitos rapaces e rapazas, doada de pelar e cun sabor moi doce.




Día da mazá.Luns 8 de novembro de 2010.

O luns 8 de novembro foi o día da mazá.
 
BENEFICIOS DA MAZÁ

·       A mazá está considerada como a froita máis completa, debido aos seus múltiplos aportes  xa que entre as súas características  atopamos vitaminas e minerais.
·       É rica en fibras solubles, isto fai que nos permita ter un equilibrio natural dos niveis de azucre no sangue.
·       As fibras que posúe teñen unha grande capacidade para baixar os altos niveis de colesterol no sangue, previndo así os problemas de corazón.
·       Mellora o estado  de hidratación da pel e depura e desintoxica o organismo de factores nocivos para nos.
·       Axuda a manter os dentes limpos e a ter a dentadura e as enxivas máis sas e firmes, polo que tamén actuaría na prevención da carie.
No porche do noso cole colocáronse uns capazos para recoller os restos da froita. Estes restos son baleirados polos alumnos e alumnas de Secundaria no composteiro.