É o noso agasallo para este Nadal. Felices Festas!!
O Equipo Dinamizador da Convivencia Escolar encárgase cada ano da elaboración de actividades encamiñadas á mellora da convivencia no noso centro e do seguimento do Plan de Convivencia
martes, 14 de decembro de 2010
O Nadal chega ao CPI A Xunqueira
Co mes de decembro chegan os exames, as avaliacións,as notas... pero tamén chega o Nadal. No noso colexio ademais de traballar nas clases para este fin de trimestre tamén temos tempo para organizar a Festa de Nadal. Dende colaborar na elaboración do Belén, coma no Festival ou no concurso de tarxetas ...Participamos con ilusión, sen importarnos o traballo que supón.
É o noso agasallo para este Nadal. Felices Festas!!
É o noso agasallo para este Nadal. Felices Festas!!
Mensaxe das SS MM os Reis Magos de Oriente
Acabamos de recibir un email cun vídeo para todos os nenos e nenas do CPI A Xunqueira. No vídeo aparecen as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente enviando unha mensaxe a todos os escolares no noso cole.
Aí vai o vídeo:
Aí vai o vídeo:
luns, 29 de novembro de 2010
Visita de Louise Gates ao noso centro
Louise Gates vive en Australia. Leva en Galicia apenas un ano, vivindo coa súa familia en Ares. Este luns 29 de novembro achegouse ao noso cole para contarnos como é o seu país.
Grazas Louise pola túa amabilidade!!!!
Agardamos verte pronto
- Sabíades que os nenos e nenas australianos pasan no colexio seis horas ao día?
- Que é un país enorme (15 veces España) con algo menos da metade de habitantes que España?
- Que os nenos e nenas australianos van ao colexio catro días á semana?
- Que o nome de "canguro" foi un accidente, que canguro quere dicir "non lle entendo"? Unha lenda di que o nome canguro xurdeu ao preguntar os occidentais polo nome de tal animal. Os aboríxenes respondían: canguro (non lle entendo).
- Que é un país tan inmenso que alberga un deserto e unha selva tropical?
- Que ten a flora e a fauna máis espectacular do noso planeta?
Grazas Louise pola túa amabilidade!!!!
Agardamos verte pronto
domingo, 28 de novembro de 2010
Venres 26 de Novembro, Acto conmemorativo do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O venres 26 de Novembro celebramos un acto conmemorativo con motivo do Día Internacional da violencia de xénero.
Open publication - Free publishing - More sport
Esta é a presentación elaborada polos alumnos/as do Equipo de Normalización Lingüística:
Esta é a presentación elaborada polos alumnos/as do Equipo de Normalización Lingüística:
POEMAS
“Xan” de Rosalía de Castro
Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a apañar o esterco,
Xan vai podar as viñas,
Xan vai a apañar o esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trae o estrume ó cortello,
e vai á fonte por auga,
e vai á misa cos nenos,
e fai o leito e o caldo…
Xan, en fin, é un Xan completo,
deses que a cada muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un “Xan”,
case sempre atopa un “Pedro”.
Pepa, a afortunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentres seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátalle as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalles millo ás galiñas,
marmura co irmán do Crego,
bota un ollos ós mazanceiros,
e lambe a nata do leite,
e se pode bota un neto
coa comadre, que agochado
“Condición de muller” de Fran Alonso
Condición de muller,
destino centrifugado.
Condición de muller facendo tortillas.
Condición de muller na sorte das bateas.
Condición de muller neste barco de serrín.
Condición de muller nos ollos dos obreiros de goma.
Condición de muller nun home beluso que anda á viruta.
Condición de mulemba, muller de malembe,
esperanza rota.
Condición de muller, puta triste e taberneira.
Condición de muller, baleiro nas poteiras, almofadas
rotas.
Bragas, sucias.
Condición de muller
venres, 26 de novembro de 2010
Solidariedade co pobo saharaui
Dende o noso centro estase a levar a cabo unha campaña de recollida de material escolar:
No segundo trimestre visitaranos Berta Blanco de La Piñera, persoa que colabora con varias organizacións de axuda ao Pobo Saharaui. Estas charlas estarán enmarcadas dentro dunha campaña de sensibilización ante a precaria situación deste pobo.
- Regras, escuadras e cartabóns
- Compás
- Grampadoras e grampas
- Mapas físico e político de África e do mundo
- Xices
No segundo trimestre visitaranos Berta Blanco de La Piñera, persoa que colabora con varias organizacións de axuda ao Pobo Saharaui. Estas charlas estarán enmarcadas dentro dunha campaña de sensibilización ante a precaria situación deste pobo.
domingo, 21 de novembro de 2010
Reflexións para mellorar a convivencia
EMILIO CALATAYUD
Emilio Calatayud é un maxistrado español, xuiz de menores de Granada, coñecido polas súas sentencias exemplares.
Estas son algunhas das súas afirmacións:
Lección Maxistral
Emilio Calatayud é un maxistrado español, xuiz de menores de Granada, coñecido polas súas sentencias exemplares.
Estas son algunhas das súas afirmacións:
Decálogo para formar a un delincuente
Lección Maxistral
Os nenos veno ... Os nenos fano
NAPCAM, unha asociación australiana para a prevención de abusos a menores, lanzou unha campaña co título: "Os nenos veno ... os nenos fano". O vídeo que segue recolle a importancia do exemplo na educación dos nenos e nenas.
domingo, 14 de novembro de 2010
FESTA DO MAGOSTO. Venres 12 de Novembro
Este venres celebramos a festa do Magosto. Pasámolo de medo!!!
xoves, 11 de novembro de 2010
Día das uvas. Xoves 11 de novembro
BENEFICIOS DA UVA
· A uva é unha froita rica en zucres, ata un 16% aproximadamente.
· Posúe un alto nivel calórico, unhas 60 calorias por cada cen gramos. Ten escasas proteínas, apenas grasas, algo de fibra , calcio, ferro, mágnesio e bastante potasio.
· Dende o punto de vista dietético, é unha das froitas máis enerxéticas e útiles, xa que representa un combustible direto para o cerebro que emprega a glucosa en moitas das súas funcións.
· Un dos compoñentes das uvas é o denominado resveratrol é un antiinflamatorio que ademáis protexe ao corazón ao reducir o nivel de colesterol.
· É unha froita exquisita pero ademáis as súas pepitas teñen a posibilidade de ser unha fonte insospechada de beneficios para a pel.
Hoxe mércores tomamos uvas no recreo. Aquí estamos saboreando esta doce froita.
mércores, 10 de novembro de 2010
Día da pera. Mércores 10 de novembro
BENEFICIOS DA PERA
· A pera é unha froita outonal moi saudable con moitas vantaxes para a saúde.
· Aporta moitas vitaminas e minerais, ademais de ácido fólico, niacina e unha boa cantidade de fibras solubles en auga.
· Ten propiedades antioxidantes, o cal é bo para a presión arterial , para o colesterol e especialmente para reforzar o sistema inmunolóxico.
· É unha excelente aliada á hora de previr enfermidades coma o arrefriado, o gripe, bronquites e moitas outras que podemos contraer por ter as defensas baixas
· É diurética e laxante suave polo que se recomenda beber zume de pera para regular os movementos do intestino nos casos de estrinximento.
O mércores foi o día da pera. Os máis pequenos preferían esta froita pelada. A profe Mimí encargouse dese traballo no recreo dos máis pequenos.As peras que tomamos estaban moi ricas!!!!!!!
martes, 9 de novembro de 2010
Día da mandarina. Martes 9 de novembro
BENEFICIOS DA MANDARINA
· A mandarina pertence a un grupo de froitas cítricas que son unha excelente fonte de vitamina C. Lembra que os niveis baixos de vitamina aumentan a nosa susceptibilidade ás infeccións.
· É un antioxidante que proporciona protección contra varios tipos de cancro.Ten un extraordinario potencial para protexernos das posibles enfermidades hepáticas (fígado).
· É necesario que te asegures de comer as membranas que hai entre os gallos , así como parte das medulas que se atopan adheridas a isto, xa que conteñen pectina, una fibra útil para diminuír o colesterol no sangue.
· É unha froita deliciosa, moi saudable, máis doce que a laranxa e mais doada de mondar .
No recreo do martes 9 de novembro repartíronse no noso centro mandarinas. Era a froita preferida de moitos rapaces e rapazas, doada de pelar e cun sabor moi doce.Día da mazá.Luns 8 de novembro de 2010.
O luns 8 de novembro foi o día da mazá.
BENEFICIOS DA MAZÁ
· A mazá está considerada como a froita máis completa, debido aos seus múltiplos aportes xa que entre as súas características atopamos vitaminas e minerais.
· É rica en fibras solubles, isto fai que nos permita ter un equilibrio natural dos niveis de azucre no sangue.
· As fibras que posúe teñen unha grande capacidade para baixar os altos niveis de colesterol no sangue, previndo así os problemas de corazón.
· Mellora o estado de hidratación da pel e depura e desintoxica o organismo de factores nocivos para nos.
· Axuda a manter os dentes limpos e a ter a dentadura e as enxivas máis sas e firmes, polo que tamén actuaría na prevención da carie.
No porche do noso cole colocáronse uns capazos para recoller os restos da froita. Estes restos son baleirados polos alumnos e alumnas de Secundaria no composteiro.domingo, 7 de novembro de 2010
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)