martes, 3 de marzo de 2015

Almorzos saudables para nenos/as e adolescentes en idade escolar

Interesante e didáctico vídeo sobre a importancia de almorzar. Explícanos dunha forma clara e moi gráfica que debe levar un almorzo saudable.

Diferentes formas de almorzar no mundo

Este é un curioso vídeo sobre as formas de almorzar en diferentes países do mundo:diferentes formas de almorzar

luns, 9 de febreiro de 2015

Así foi o Día da Paz 2015

O venres 30 de xaneiro celebramos no noso centro o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Este ano, dedicámolo á Malala, premio Nobel da Paz 2014. Cada alumno/a decorou un lapis cunha etiqueta, que todos cravamos nun mural na entrada do centro.
Así foi:

martes, 3 de febreiro de 2015

Querida Malala

Estas cartas foron escritas polos alumnos e alumnas de 4º de Primaria con motivo da celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia:

xoves, 29 de xaneiro de 2015

SE QUERES COÑECER UN POUCO MÁIS A MALALA PREME NA IMAXE E VERÁS...

https://dl.dropboxusercontent.com/u/276285563/malala_bueno.html

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O venres 30 de xaneiro o noso centro celebrará o Día da Non Violencia e da Paz. O acto terá lugar no patio do centro ao redor das 13:00. Todos os alumnos/as durante a mañá baixarán a cravar un lapis no mural da Paz e, posteriormente saíremos todos para cantar a canción: "Queremos Paz!" de Maná.

Vídeo "Queremos Paz!" de Maná


QUEREMOS PAZ

Al comenzar el mundo era otro 
sin límites de muros y fronteras 
todo para todos nadie pretendía ná. 

Por pánico se armaron hasta el diente 
y una invasión tenian en la mente 
una guerra viene y otra que se va, ¡oh no! 

E-ah, queremos paz y no la guerra 
hay muchas armas en la tierra 
queremos paz, queremos... 

Cuando el amor lo aplasta 
el más fuerte llega el dolor la sangre y la muerte 
una guerra viene y otra que se va, ¡oh no!. 

E-ah, queremos paz y no la guerra 
hay muchas armas en la tierra 
queremos páz, queremos... 
No, no, no, no , no, no, la guerra...

luns, 19 de xaneiro de 2015

Premio Nobel da Paz 2014: Malala Yousafzaia

De cara á próxima celebración do Día Escolar pola Paz e a non violencia, propoñemos, dende o Equipo de Convivencia, un achegamento á persoa de Malala Yousafzaia que con 17 anos recibiu o Premio Nobel da Paz xunto a Kailash Satyarthi, enxeñeiro hindú moi comprometido cos dereitos da infancia.
A figura de Malala resulta extraordinaria pola súa idade (17 anos) e o seu compromiso polos dereitos dos nenos (en especial das nenas) á educación. Dela é a frase:


O Equipo de convivencia do CEIP Friáns de Teis (Vigo) ten un traballo moi interesante para profundizar sobre a figura de Malala. Éste é o enlace:
                                           (Preme na imaxe)
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/node/2414


xoves, 11 de decembro de 2014

O PREGUNTÓN: DECEMBRO


TEDES ATA O 19 DE DECEMBRO PARA SUPERAR ESTE NOVO RETO!!
A masa das augas que cobren as depresións da codia terrestre forma mares e océanos, que ocupan sete de cada dez partes da superficie do planeta. Xunto cos ríos e lagos forman a Hidrosfera.

A pregunta deste mes está relacionada coa auga dos mares...



POR QUE A AUGA DO MAR NON CALMA A SEDE?


Ponlle as pilas ao teu bocata!!!

Hoxe visitáronos o equipo de "Ponlle as pilas ao teu bocata!! Viñeron para ensinarnos diferentes maneiras de facer un bocata con productos do mar en conservas.
Comezou o obradoiro cunha charla sobre nutrición na biblioteca. Máis tarde pasamos ao laboratorio onde cada un montaría o bocata ao seu gusto. Había de todo: queixo, cebola, leituga, atún, mexilóns, millo doce, olivas, ... Todo estaba boísimo!!!
Para saber máis, podedes clica neste enlace: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!

luns, 24 de novembro de 2014

O xinecólogo Denis Mukwege, Premio Sajarov 2014

O Premio Sajarov á Libertade de Conciencia é un premio que o parlamento europeo concede cada ano. Este a honra correspóndelle ao xinecólogo congoleño Denis Mukewege. É, probablemente, o xinecólogo que vive na peor parte do mundo para exercer a súa profesión. Co seu labor, desenvolvido no Hospital Panzi, na cidade de Bukavu no Congo, converteuse no maior especialista de África en tratamento de mulleres e nenas violadas en grupo.
O doutor Mukwege trata mulleres violadas, torturadas e salvaxemente asasinadas por soldados. Pois, dende que comezou a guerra civil no seu país, as agresións sexuais son utilizadas como atroz arma de guerra.
O Día 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, en memoria das vítimas de violencia de xénero, pon en valor o traballo excepcional de personalidades asombrosas coma a de Denis Mukwege, que loita cada día con esta lacra que castiga a millóns de mulleres diariamente en todo o mundo.
Grazas doutor Mukwege polo seu traballo e a súa xenerosidade!!
http://internacional.elpais.com/internacional/2014/10/21/actualidad/1413914504_527447.html
 
 
 
 
 

luns, 13 de outubro de 2014