Amosando publicacións coa etiqueta O Preguntón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Preguntón. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2015

I Mostra da Ciencia e da Tecnoloxía

O pasado venres 5 de xuño, e como broche final ao Preguntón, levouse a cabo noo noso centro a I Mostra da Ciencia e da Tecoloxía. Foron os alumnos/as de 4º de Secundaria os encargados de preparar 20 probas ás que os alumnos/as de Primaria deberían de dar resposta. Os grupos de Primaria, identificados por nomes de animais; eran mixtos (de varios cursos). Cada grupo levaba un encargado (de 3º/4º de ESO).
Resultou unha actividade realmente motivadora e gratificante. Todos o pasamos moi ben.
Agradecer ao alumnado de 3º e 4º de Secundaria o traballo desenvolvido, pois foi grazas a eles/as o éxito desta xornada.
Grazas chic@s!!!

...

martes, 26 de maio de 2015

Empeza a conta atrás... 3, 2, 1


contamos con tod@s para a mostra científica e tecnolóxica de xuño


Xa estamos a traballar en experiencias, inventos e robots para que pasemos un día divertido xogando e aprendendo!






xoves, 11 de decembro de 2014

O PREGUNTÓN: DECEMBRO


TEDES ATA O 19 DE DECEMBRO PARA SUPERAR ESTE NOVO RETO!!
A masa das augas que cobren as depresións da codia terrestre forma mares e océanos, que ocupan sete de cada dez partes da superficie do planeta. Xunto cos ríos e lagos forman a Hidrosfera.

A pregunta deste mes está relacionada coa auga dos mares...



POR QUE A AUGA DO MAR NON CALMA A SEDE?


luns, 13 de outubro de 2014