luns, 17 de decembro de 2012

A Nutrición: Conceptos básicos

Un pouco de teoría sobre Nutrición.

                                                                                                                             Preme na imaxe

A roda dos alimentos

Para ilustrar as funcións específicas dos alimentos de acordo coas substancias nutritivas que conteñen, estes agrúpanse dunha forma práctica en 7 grupos que conforman "A RODA DOS ALIMENTOS".

                                                                                                                         (Preme na imaxe)

mércores, 12 de decembro de 2012

10 hábitos saudables

                                                                     (Preme na imaxe)

Hábitos saudables

                                                                                     (Preme na imaxe)

martes, 11 de decembro de 2012

Semana do peixe

A Semana do Peixe arranca co obxectivo de fomentar o consumo de peixe entre a poboación infantil.

martes, 4 de decembro de 2012

Ideas para cambiar o mundo

Enlace interesante onde podemos encontrar material para traballar os dereitos humanos:




"La Espalda del mundo"

Documental que consta de tres reportaxes que describen outras tantas situacións de exclusión (social, racial e política) na que viven moitas persoas no mundo.
As reportaxes son:
  1. "El Niño": da man dun neno de 11 anos que malvive nunha chabola nos suburbios de Lima, coñecemos unha dura realidade do traballo infantil
  2. "La Palabra": é unha homenaxe a Leyla Zana, a primeira muller kurda en ser deputada e que leva 15 anos na cadea.
  3. "La Vida": intenta adentrarse na deshumanización que conleva a pea de morte nunha cárcere de Texas da man dun protagonista no corredor da morte.

"No mundo a cada rato"

"En el mundo a cada rato" é unha longametraxe que se compón de cinco historias que abordan cinco prioridades de UNICEF: o desenvolvemento integrado da primeira infancia, a inmunización, a loita contra o VIH/SIDA e a protección contra a violencia, a explotación e a discrminación.
Aínda que é unha longametraxe de 118', pódese escoller unha destas historias para reflexionar sobre outras realidades tan diferentes á nosa.
Estas son as historias:
  1. "El secreto mejor guardado"
  2. "La vida efímera"
  3. "Las siete alcantarillas"
  4. "Las cuatro hijas de Belén"
  5. "Binta y la gran idea"

sábado, 1 de decembro de 2012

O xogo da pirámide dos alimentos


Cinco cancións para a Declaración dos Dereitos Humanos

O día 10 de decembro conmemórase o LXIV aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos. Estas cancións poden axudarnos a reflexionar sobre a importancia de defender estes dereitos que deben ser universais.

1. El blues del esclavo, Mecano:

2. Libre, Nino Bravo:


 3. Yo te nombro, Libertad, Nacha Guevara:



4. El club de las mujeres muertas, Víctor Manuel





5. Cuando lo ángeles lloran, Maná

xoves, 29 de novembro de 2012

Hábitos saudables

Un hábito é unha acción que, á forza de repetila, convértese na nosa maneira de facer as cousas.
Un hábito saudable é unha inversión en saúde. Establecer rutinas saudables na infancia é unha inversión en saúde para toda a vida.

luns, 26 de novembro de 2012

25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Actividades que conmemoran este día. Agardamos que gocedes co vídeo:

Cinco cancións para salvar ás mulleres

Cinco cancións de esperanza para salvar ás mulleres:
Bebe: Ella
Def con Dos: Ellas denunciaron
Porta: Bella y bestia
El Chojín: El final del cuento de hadas
Mala Rodríguez: Nanai

(Preme na imaxe)





Sabrina, Rosario, Iris, ...

É o titular dun artigo publicado en El País con motivo da celebración do Día Internacional da Violencia contra a muller.
Este ano 43 mulleres foron asasinadas polas súas mparellas ou exparellas ...Se queres seguir lendo preme aquí

domingo, 4 de novembro de 2012

Hortalizas e froitas, do A ao Z

Neste enlace á páxina de 5 ao día, atoparemos información de todas as froitas e hortalizas máis coñecidas:

Comer cores!!!

Os alimentos de orixe vexetal, en especial froitas, hortalizas e verduras posúen uns pigmentos de distintas cores que contribúen ao seu atractivo natural. Estas substancias son ademais benefciosas para a saúde.
Este material que aquí publicamos pode resultar interesante para a nosa educación en hábitos saudables.

Alimentación Saudable

A semana do 12 ao 16 de novembro celebraremos a primeira semana da froita deste curso. Neste enlace atoparedes material sobre o tema da alimentación saudable.
Agardamos que vos guste!



luns, 25 de xuño de 2012

Despedida da Promoción 2008/2012


Hoxe despídese de nós os alumnos e alumnas de 4º de Secundaria.
Neste novo camiño que emprendedes cara ao voso futuro que o CPI A Xunqueira, con todos os que formamos esta comunidade educativa, sexa sempre o faro que ilumine ese sendeiro cheo de bos momentos.
E o noso desexo.


domingo, 24 de xuño de 2012

Adeus Primaria, Ola Secundaria!

O venres 22 de xuño despedimos á promoción 2006/12 de 6º de Primaria.
Desexámosvos sorte nesta nova etapa!
Unha aperta
Feliz verán a todos!!


mércores, 20 de xuño de 2012

    ADEUS  AO  MANDILÓN !!!

Aquí estamos as nenas e nenos que rematamos E. Infantil coa nosa profe Mimí.
No outono empezaremos primaria e xa sabemos que...Non teremos que poñer o mandilón! Xenial!  Estamos moi contentos con esta nova...

                                  
                       
 Bo  verán  a  todos   !!!