xoves, 19 de abril de 2012

Primeira Infancia. O neno de un a cinco anos.

O máis importante é respetar o desenvolvemento individual de cada neno, recoñecendo e estimulando as capacidades particulares de cada un.














Para ampliar esta información: http://ntic.educacion.es/w3/recursos2/e_padres/html/infancia.htm

Unha nena de seis anos detida e esposada por unha rabecha

O pasado venres no estado de Georgia (EE.UU.) unha nena de seis anos ten unha rabecha no seu colexio. A escola chama á policía!!! quen a esposa coas mans ás costas e condúcea á comisaría.
Se estades tan desconcertados coma nós e queredes saber o que pasou, podedes seguir lendo neste enlace: De mamas & de papas.

mércores, 18 de abril de 2012

23 de abril, Día do Libro

No ano 1995 a UNESCO promulga o 23 de abril como "Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor" co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
A elección desta data vén dada pola coincidencia do pasamento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616.
Para conmemorar este día cos nosos alumnos/as vos presentamos un enlace con propostas interesantes

luns, 16 de abril de 2012

Guía para levarse ben

Neste enlace atoparedes un recurso interactivo para a aula moi interesante. Analiza diferentes formas de actuar ante situacións de conflicto: un neno/a que me insulta, un rapaz que quere o que eu teño, enfadeime tanto que marchei, ...


luns, 9 de abril de 2012

Que é para ti a xustiza?

Os alumnos e alumnas de quinto de Primaria participaron no concurso: "Que é para ti a Xustiza?". Un alumno deste curso gañou o premio. Con este motivo o venres 30 de marzo Pedro, os seus compañeiros/as, a súa titora Begoña e Ricardo,o noso director, acudiron ao Pazo de Xustiza de Ferrol para recoller dito premio. Alí asistiron a un xuízo de faltas, a unha rolda de recoñecemento, Pedro recolleu o premio, e todos recibiron agasallos.
Resultou unha visita moi interesante!!!

Semana da Prensa

Co motivo da Semana da Prensa, os alumnos e alumnas de 3º ciclo de Primaria elaboraron unha serie de novas escritas cun estilo moi persoal.

luns, 12 de marzo de 2012

A necesidade de poñer normas

Reflexión importante sobre a necesidade de que os pais poñan normas aos nenos.





Para ampliar esta información poden vostedes consultar co seguinte enlace:


xoves, 8 de marzo de 2012

15 de Marzo, Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

Con motivo da celebración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, non debemos esquecer os nosos dereitos como consumidores/as; pero tampoco debemos olvidar os nosos deberes (que non son poucos!!!).
Este vídeo de animación relata o dilema entre o "Homo consumus" e o "Homo responsabilus" analizado polo profesor Setemius dende o programa "Grandes Documentales Marcianos".


martes, 6 de marzo de 2012

12 ao 16 de marzo, Semana da Prensa. Recursos para a aula.

Recursos en liña para traballar a semana da prensa na aula.
  •  Web con actividades e enlaces de interese:



  • "lyL materiales de lengua y literatura",  atoparemos dende unha secuencia didáctica de "como ler unha noticia" ata unha analise das partes dun xornal, dos tipos de publicacións, estructura, ... con PDF que se poden descargar.

luns, 5 de marzo de 2012

15 de Marzo, Día mundial dos Dereitos do Consumidor.




Este é un xogo interactivo, creado por Greenpeace, para fomentar entre os máis novos o consumo crítico e responsable. Pretende favorecer a reflexión sobre o impacto dos nosos hábitos de consumo e as nosas accións no medio ambiente.


























xoves, 1 de marzo de 2012

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

O Día 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Día recoñecido pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

Recursos para traballar este día



Infantil (preme na Imaxe):

 


Primaria (preme na imaxe):



3º Ciclo de Primaria e Secundaria (preme nas imaxes seguintes)




(Preme no texto)

luns, 20 de febreiro de 2012

Modificación de conduta: Aplicacións no ámbito da familia.

A maior parte das condutas ou accións poden ser modificadas a través da aplicación dos principios psicolóxicos, especialmente os da aprendizaxe.




Para ampliar esta información: http://ntic.educacion.es/w3/recursos2/e_padres/html/modifi_conduc.htm

Entroido 2012

O día 17 de febreiro, venres, foi a festa de entroido no noso centro. Este ano, a diferenza dos anos anteriores, non houbo concurso de coplas, pero si unha gran festa nas clases. Todos puideron vir difrazados do que quixeran. En E. Infantil disfrazáronse de pallasos. En 2º de Primaria viñeron de vellos e vellas, encorvados, con bastón, ... auténticos!!! No resto das clases foi tema libre. Esta é unha mostra dos disfraces lucidos:



Flashmob na Xunqueira

martes, 7 de febreiro de 2012

Así foi o Día da Paz

O 30 de xaneiro deste ano 2012 foi para o noso centro un día diferente doutros 30 de xaneiro doutros anos. Este curso suspendéronse todas as actividades complementarias e extraescolares que supoñan un cambio do noso horario escolar. É por iso que cada curso pasou o día na súa clase.

Neste blog que agora estás lendo, alumnos/as e profesores/as tiveron á súa disposición un montón de recursos para traballar esa semana (e outros máis que se podían atopar na red).

Os traballos desenvolvidos foron moi variados, según a idade do alumnos/as.

Elaboráronse:

  • Murais e carteis
  • Poemas
  • Pombas
  • Todos levábamos unha pegatina alusiva a este día (como se pode apreciar nas fotos).

Aquí tes unha mostra do que fixemos en E. Infantil e Primaria. Esperamos que goces con este vídeos!!


                                             (Preme na imaxe)


                                            (Preme na imaxe)

xoves, 26 de xaneiro de 2012

A illa das flores

A Illa das Flores

"A Illa das Flores" é unha película realizada en 1989, que obtivo entre outros premios, o León de Plata ao mellor curto no Festival de Cine de Berlín.
O que a película conta non é nada novo. É a súa forma de contalo o que a fai impactante. Seguindo o camiño dun tomate cultivado polo Sr Suzuki na súa horta, descubrimos un mundo de traballo, miseria, lucro, comercio, diñeiro, ...
Na Illa das Flores hai poucas flores, pero si moito lixo (é un dos veretedeiros de Porto Alegre, Brasil).



xoves, 19 de xaneiro de 2012

FACENDO COUSAS POR UN MESMO

A responsabilidade e o valerse por un mesmo hai que traballalo dende as primeiras etapas evolutivas do neno para fomentar a súa autonomía e desenvolvemento persoal.



Para máis información ver: http://ntic.educacion.es/w3/recursos2/e_padres/html/si_mismos.htm

martes, 17 de xaneiro de 2012

Día da Paz. Actividades para os máis pequenos.

O Día Escolar da Non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez no ano 1964.
O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humans, a non violencia e a paz.
A data do 30 de xaneiro conmemora ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros en 1948 por un fanático hinduista. Ghandi liderou a resistencia non violenta (a súa filosofía, de base relixiosa, tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Baixo o seu liderazgo a India acadou pacíficamente a independencia de Gran Bretaña no ano 1947.

A continuación presentamos tres actividades lúdicas para celebrar ese día cos máis pequenos:
constructores de paz
Dereitos dos nenos e nenas
Nenos e nenas do mundo

Premio Nobel da Paz 2011

O Premio Nobel da Paz 2011 premia a loita das mulleres en África




Neste enlace tedes a canción O Dereito de vivir en paz de Víctor Jara

Color Esperanza Diego Torres

Todas as culturas están representadas no día da Paz.

domingo, 15 de xaneiro de 2012